Información
Lugo

15 millóns de euros, cos que acometer o arranxo duns 300 quilómetros da rede viaria máis extensa do territorio español en Lugo

Información
30 Septiembre 2018 256 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Mellora de máis de 170 quilómetros de estradas
Estes traballos enmárcanse no Plan de Mellora de Estradas Provinciais que puxo en marcha o Executivo, cun orzamento total de 15 millóns de euros, cos que acometer o arranxo duns 300 quilómetros da rede viaria máis extensa do territorio español

Fernández Queipo apuntou que “levamos investido, en menos dun ano, 5,5 millóns de euros. Deste xeito, o nivel de execución desta programación, que contempla as anualidades 18 e 19, é xa dun 56%, o que dá boa conta do traballo feito”

Por outra banda, xa se atopan contratados os traballos noutros 14 concellos para o arranxo de 27 estradas, cun investimento de 2 millóns de euros, o que supón que nas vindeiras datas se iniciarán novos traballos en 60,3 quilómetros, o 20% do total

Finalmente, atópanse en proceso de licitación 41 estradas de 18 Concellos, que contan cun orzamento de 3,2 millóns de euros, o que supón o 22,7% do total

O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, avanzou este venres que “en menos dun ano, levamos mellorado máis de 170 quilómetros de 84 vías provinciais que discorren por 35 concellos lucenses, achegando un investimento de 5,5 millóns de euros. Estes traballos enmárcanse no Plan de Mellora de Estradas que puxemos en marcha a finais do ano pasado e para o que destinamos 15 millóns de euros, cos que acometer a renovación duns 300 quilómetros da rede viaria máis extensa do territorio español. Deste xeito, o nivel de execución desta programación, que contempla as anualidades 18 e 19, é xa dun 56%, o que dá boa conta do traballo feito”.

Fernández Queipo avanzou que “a día de hoxe, xa están executadas ou en proceso de execución melloras en 84 estradas de 35 Concellos, cun investimento de 5,5 millóns.
Concretamente, xa están mellorados 41,1 quilómetros, o que supón o 12,5%, e atópanse a piques de rematar, pendentes do pintado ou sinalización, os traballos noutros 130 quilómetros, o que supón o 43,8% do total”.

O Vicepresidente engadiu que “por outra banda, xa se atopan contratadas obras noutros 14 concellos para o arranxo de 27 estradas, cun investimento de 2 millóns de euros, o que supón que nas vindeiras datas se iniciarán novos traballos de mellora en 60,3 quilómetros, o 20% do total. E, finalmente, atópanse en proceso de licitación 41 estradas de 18 Concellos, que contan cun orzamento de 3,2 millóns de euros, o que supón o 22,7% do total. O obxectivo é chegar ao 2019 co 50% da rede viaria, é dicir, uns 2.000 quilómetros, con aglomerado en quente”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...