Información
Lugo

O CB Breogán lucirá o lema turístico LugoCambia

Información
29 Septiembre 2018 343 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Presentación vestimenta Breogán
Darío Campos, acompañado de membros do Goberno, Martín Barreiro, xunto con directivos, corpo técnico e toda a plantilla de Breogán, presentaron no Pazo Provincial dos Deportes, a nova vestimenta que lucirá o equipo celeste ao longo da tempada

O Presidente agradeceu “o gran compromiso do Breogán, porque para nós é esencial a promoción turística desta provincia, e aínda que non temos competencias nesta materia, puxemos en marcha o 1º Plan Estratéxico de Turismo da Provincia”

Ademais, neste primeiro partido do Breogán tamén se realizará unha campaña de promoción turística da Comarca de Lugo, na que se inclúen spots e imaxes da provincia, e que se visualizará a través das redes sociais e das pantallas do Pazo

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto con membros do Goberno Provincial; o metereologo, Martín Barreiro; e os directivos, corpo técnico e a plantilla de Breogán, presentaron no Pazo Provincial dos Deportes, a nova vestimenta que lucirá o equipo celeste ao longo da tempada co lema turístico da provincia LugoCambia. Durante o transcurso deste acto emitiuse o vídeo da campaña posta en marcha polo Executivo Provincial para atraer novos visitantes ao territorio lucense, que protagoniza Martín Barreiro, e que dá a coñecer os diferentes recursos artísticos, patrimoniais, culturais e paisaxísticos da provincia de Lugo.

Esta iniciativa de promoción turística da provincia que puxo en marcha o Goberno da Deputación, tamén ten un tinte deportivo, pois contempla o contrato de patrocinio asinado polo club celeste e a Deputación como un piar estratéxico para a promoción da provincia, así como o impulso do tecido asociativo co que incentivar a integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto.

Campos Conde avanzou que “mediante esta campaña de promoción turística o club celeste promoverá a nosa imaxe por todo o Estado. Ademais, contribuirá a dar a coñecer o emblema que promove a Deputación, LugoCambia, coa que o Goberno Provincial está a visibilizar os recursos turísticos da provincia, a través de campañas de promoción e asistencia a eventos especializados na materia”.

O Presidente agradeceu “o gran compromiso do CB Breogán, porque para nós é esencial a promoción turística desta provincia, e aínda que non temos competencias nesta materia, puxemos en marcha o 1 º Plan Estratéxico de Turismo da Provincia, co que buscamos impulsar o crecemento e a transformación do sector turístico, na procura dun modelo máis competitivo e rendible”.

Promoción de AFALU e da Comarca de Lugo
Precisamente o primeiro partido da liga ACB do C.B.Breogán visualizará a labor social de AFALU, unha iniciativa enmarcada tamén neste contrato de patrocinio. Ademais, tamén se realizará unha campaña de promoción turística da Comarca de Lugo, na que se inclúen spots e imaxes da provincia, e que se visualizá a través das redes sociais e das propias pantallas do Pazo dos Deportes.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

As rúas de Ferreira acolleron durante a xornada de onte e hoxe...

Pablo Rivera Capón, o Concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel...

23.03.2019. O club CastroBike, federado hai apenas 4 anos, conta...

Estimada lectora, estimado lector,

O 26 de marzo a Unión Europea...

lineaazul 1600