Información
Lugo

Marcha Ciclista Unificada, cunha etapa entre Friol e Parga

Información
25 Septiembre 2018 311 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

                

Presentación Special Olypics

O evento terá lugar do 4 ao 7 de outubro e desenvolverase en 4 etapas: a primeira en Ourense, a segunda en Lugo, de Friol a Parga, a terceira en Santiago de Compostela e a derradeira terá lugar en Vilagarcía de Arousa. Participarán preto de 40 atletas

Santos Ramos subliñou que “dende a Deputación de Lugo facemos un esforzo moi importante para que a plena inclusión e a participación cotiá na sociedade das persoas con capacidades diferentes se normalice ao máximo posible”

O Goberno da Deputación colabora coas actividades de Special Olympics Galicia cunha achega de 8.000 euros, que permite a celebración desta Marcha Unificada, así como doutras iniciativas ao longo do ano como os xogos de campo a través e petanca, os xogos autonómicos de natación ou o maratón urbano de Viveiro

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, presentou este luns a VI Edición da Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics Galicia, que se celebrará do 4 ao 7 de outubro e desenvolverase en 4 etapas: a primeira delas, o día 4, en Ourense; a segunda, o día 5, en Lugo (entre Friol e Parga); a terceira o día 6, en Santiago de Compostela; e a derradeira o día 7, en Vilagarcía de Arousa. Fíxoo acompañado pola Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín Rodríguez; o Alcalde de Friol, José Ángel Santos Sánchez; e o Presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández Pérez.

O Goberno da Deputación colabora coas actividades de Special Olympics Galicia cunha achega de 8.000 euros, que permite a celebración desta Marcha Unificada, así como doutras iniciativas ao longo do ano como os Xogos de campo a través e petanca, os Xogos Autonómicos de Natación ou o Maratón Urbano de Viveiro.

Santos Ramos subliñou que “dende a Deputación de Lugo facemos un esforzo moi importante para que a plena inclusión e a participación cotiá na sociedade das persoas con capacidades diferentes se normalice ao máximo posible. Neste caso, facémolo colaborando con esta Marcha Unificada que terá lugar o próximo día 5 en Lugo, cun percorrido de aproximadamente 20 quilómetros, entre Friol e Parga, e que atravesará diferentes parroquias de ambos concellos, ademais dun pequeno treito do Camiño de Santiago, no que os participantes poderán contemplar a riqueza e o patrimonio do noso medio rural, e tamén enriquecelo co seu paso polo mesmo”.

O voceiro do Goberno felicitou a Special Olympics “polo traballo permanente para visibilizar a normalidade e as capacidades que cadaquén temos independentemente das nosas situacións particulares. Tamén felicitar aos concellos de Guitiriz e Friol por acoller esta iniciativa que nos enriquece a todos e nos fai partícipes dunha visión da sociedade máis ampla e máis humana. Trátase dunha proba non competitiva na que os ciclistas pedalean para darse a ver, pedalean contra os prexuízos e pedalean contra as cuestións que temos que mellorar como sociedade”.

En total, nas diferentes etapas, participarán 37 atletas con capacidades diferentes. Haberá 2 clubs ciclistas dando apoio en cada etapa, así como 20 voluntarios e 9 adestradores que velarán polo correcto desenvolvemento das mesmas. A segunda etapa celebrarase na provincia de Lugo. Ás 10:15, en Friol, terá lugar a chegada de participantes e control de firmas. A saída está prevista para as 11:00 horas, e a chegada a Parga, en Guitiriz, será sobre as 14:00 horas.

Sexta edición da Marcha Ciclista
Special Olympics é unha organización internacional sen ánimo de lucro, fundada a finais dos anos sesenta, para promover a integración social das persoas con discapacidade intelectual a través do Deporte. Por sexto ano consecutivo, organizan a Marcha Ciclista Unificada que nesta edición amplía o seu percorrido, chegando a localidades das catro provincias galegas.

Deste xeito, a marcha comezará o vindeiro 4 de outubro coa primeira etapa pola localidade ourensá de Baños de Molgas (12 quilómetros); continuará o día 5 de outubro na provincia de Lugo, onde percorrerán a etapa entre Friol e Parga (19 quilómetros). O día 6 estarán en Santiago de Compostela, nunha ruta polo centro da capital galega (13 quilómetros); e, finalmente, o rematarán o 7 de outubro en Vilagarcía de Arousa (13 quilómetros).

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...