Información
Lugo

Un gol de Antón Escobar ao borde do tempo regulamentario valeu os tres puntos. CD Lugo B 1 - Porriño Industrial 0

Información
24 Septiembre 2018 312 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O primeiro partido coma local do CD Lugo B nesta temporada do debut en Terceira tivo coma escenario o Campo de A Reigosa de Friol. Enfronte estaba outro recén ascendido coma o Porriño Industrial, con varios veteráns ilustres do fútbol galego nas súas filas.

 

O encontro so tivo unha cor: a albivermella dos homes de Jose Durán. Malia todo, na primeira metade non foron capaces de convertir en perigo o seu dominio, excepto en dúas ocasións nas que Manu Núñez e Javi Rey estiveron a piques de batir a Fernando.

Na segunda metade chegaron as ocasións. No minuto 50 un disparo dende o borde da área de Rayco foi novamente detido por Fernando, esta vez en dous tempos. Pouco despois foi Javi Rey en que en dúas ocasións consecutivas, primeiro coa dereita e despois coa esquerda, probou sorte sin atopala. A máis clara de todas tivoa Fernando Cuadrado. O seu disparo dende o borde da área rexeitou nun defensa, envenenouse e acabou en corner, co meta visitante xa batido.

As presas por acadar a primeira victoria e o empuxe visitante levou uns minutos de inquedanza a meta local, ainda que sen demasiado perigo. Cando o empate parecía inevitable, un centro de Pablo Rey por esquerda era rematado por Antón Escobar levando o definitivo un a cero ao marcador e permitindo que os tres puntos se queden na casa.

FICHA DO PARTIDO

CD Lugo B.- Cacharrón, Pedro López, Pablo Rey, Pedro Delgado, Matías, Luis Díaz (Antón), Manu (Marcos), Gustavo (Juan), Javi Rey, Rayco y Cuadrado.

Porriño Industrial.- Fer, Bruno (Carlos Campo), Pana, Berto, Pelo, Areal, Aarón (Benja), Edu, Gabri (Fran), Claudio y Portas.

Árbitro.- Cives Enjo 

Goles.- 1-0 Antón (min87)

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...