Información
Lugo

350.000 euros a LU-P-4102, de Ferreira a Currelos, no Saviñao

Información
23 Septiembre 2018 379 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

                

Estrada Ferreira-Currelos en O Saviñao

Así o avanzou Santos Ramos nun encontro mantido cos veciños no que explicou que se está a redactar o proxecto de obra, que consistirá na mellora de preto de 8 quilómetros desta vía de comunicación fundamental pois vertebra todo o municipio

“Levaremos a cabo a rexeneración do firme con aglomerado en quente nun treito de case 8 quilómetros da estrada que une Escairón con Currelos, dende Villarreme ata Córneas, completando a súa renovación integral e dando resposta aos veciños”

O voceiro explicou que se decidiu executar estas melloras porque así llo solicitaron os habitantes da zona e destacou que “escoitamos e atendemos as necesidades da cidadanía pois, como administración pública que somos, é o noso deber”

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, anunciou que o Executivo da Deputación mellorará con 350.000 euros a estrada LU-P-4102, que vai de Ferreira a Currelos, no Concello do Saviñao. Así llo avanzou Santos Ramos aos veciños da zona nun encontro mantido este sábado no que coñeceu de primeira man a necesidade de acometer estes traballos, que repercutirán, de xeito directo, no día a día dos veciños. Cómpre subliñar que a LU-P-4102 é estrada que vertebra o norte e o sur do Concello, e conta con moito tránsito pois dá acceso a todos os servizos que hai no municipio.

Santos Ramos apuntou que “levaremos a cabo a rexeneración do firme con aglomerado en quente nun treito de case 8 quilómetros da estrada que une Escairón con Currelos, dende Villarreme ata Córneas, completando a súa renovación integral, dando resposta aos centos de usuarios que utilizan esta vía a cotío para realizar os seus desprazamentos”.

O voceiro do Goberno explicou que o Goberno da Deputación decidiu executar estas melloras porque así llo solicitaron persoalmente os habitantes da zona, nunha visita feita hai uns meses a dito municipio lucense. “Dende o Goberno Provincial, e dentro da nosa aposta por ser unha Deputación rural, sumamente social e coas persoas, atendemos as necesidades da cidadanía pois, como administración pública que somos, é o noso deber”, apuntou.

Neste senso, explicou que os técnicos provinciais están a elaborar dende fai preto de dous meses o proxecto de obra, pero avanzou que serán ao redor de 350.000 euros os que o Goberno da Deputación investirá para mellorar preto de 8 quilómetros, comprendidos entre os puntos 14 e 22, é dicir, terminará o arranxo da que é unha das vías de comunicación fundamental da zona. Santos Ramos avanzou que nas vindeiras semanas, logo de ter aprobado o proxecto, darase conta máis polo miúdo das obras que se van acometer.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

As rúas de Ferreira acolleron durante a xornada de onte e hoxe...

Pablo Rivera Capón, o Concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel...

23.03.2019. O club CastroBike, federado hai apenas 4 anos, conta...

Estimada lectora, estimado lector,

O 26 de marzo a Unión Europea...

lineaazul 1600