Información
Lugo

San Martiño de Vilelos celebren o tradicional Folión das Fachas no Saviñao

Información
21 Septiembre 2018 1123 votos

                

Folión das fachas 2018

- O voceiro do Goberno e membros da Asociación da San Martiño de Vilelos, no Saviñao, acompañados de veciños, presentaron esta cita que organiza dito colectivo coa única colaboración económica do Goberno Provincial, que achega 2.000 euros

- Santos Ramos remarcou “o compromiso dos veciños de Vilelos por seguir traballando e conservando as nosas tradicións, e ao mesmo tempo, dando a coñecer un anaco da nosa cultura, como é esta tradicional cita”

- A organización ten previsto a queima de entre 35 e 40 fachas na Parroquia de Vilelos durante a celebración desta festa o vindeiro 28 de setembro

O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos e a Secretaria da AA.VV San Martiño de Vilelos, Tania Mirás López, asinaron este xoves na Escola de Vilelos o convenio para celebrar unha nova edición do Folión das Fachas, que terá lugar o venres, 28 de setembro, nesta parroquia do Saviñao. O Goberno Provincial converteu á Deputación na única administración que colabora con este colectivo cunha achega de 2.000 euros.

Santos Ramos agradeceu “o compromiso dos veciños de Vilelos por seguir traballando e conservando as nosas tradicións, e ao mesmo tempo, dando a coñecer un anaco da nosa cultura, como é esta tradicional cita. Para nosoutros é un auténtico privilexio poder formar parte deste pequeno soño colectivo, que impulsan os 140 veciños desta parroquia, coa que a día de hoxe queren seguir dando a coñecer ao mundo o Folión”.

O Voceiro convidou “a todos os visitantes a achegarse a San Martiño de Vilelos, pero non só a contemplar un acontecemento único como as Fachas, senón a visitar cada un dos recunchos desta parroquia xa que posúe un variado patrimonio histórico, etnográfico e arqueolóxico que inclúen casas señoriais, pazo e castro ”.

Consérvase o folión “de véspera”

As fachas está considerada unha tradición castrexa, con moitos anos de antigüidade, as da San Martiño de Vilelos contan cun grande interese cultural por ser un dos poucos sitios de Galicia onde se conserva, o folión “de véspera” como tal, para anunciar que van a dar comezo as festas parroquiais. Un ritual de lume e música que dura ata ben entrada a madrugada. Durante os meses de verán os veciños recollen agucios, que son unhas plantiñas que nacen na primavera. Despois comezan a elaboración das fachas que serán as protagonistas da festa, faranse o máis grandes posible posto que elas decidirán cando remata a troula. Tamén se realizan fachas máis pequenas que serán as encargadas de iluminar o camiño na procesión ao Castro da Besta. Segundo contan os maiores desta parroquia, a procesión das fachas facíase, nalgunha época, como ofrenda ós deuses para agradecerlles as boas colleitas.

Programación

A Queima do Folión terá lugar lugar o venres 28 de setembro, na parroquia de  San Martiño de Vilelos, no Concello do Saviñao. A organización ten previsto a queima de entre 35 e 40 fachas. A partir das 21:00 horas comeza a xornada festiva coa pancetada e a música dos Gateiros da Ulloa. Ás 00:00 horas, prenderáselle lume as Fachas. A música continua con Pepe Penabade e Leña Verde. Posteriormente, continuará a festa con todos os veciños.

Asociación Veciñal San Martiño de Vilelos

A Asociación Veciñal de San Martiño de Vilelos do Saviñao naceu no ano 1987 coa finalidade de dar resposta ás demandas da parroquia, e forman parte dela preto de 140 veciños. No ano 2008, e ante as peticións dos maiores da parroquia, a Asociación comezou a realizar este tradicional Folión, que cada ano atrae a máis visitantes.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi