Información
Lugo

O Concello estrea deseño para o selo da credencial do Camiño aos peregrinos, alusivo aos tres bens mundiais de Lugo

Información
18 Agosto 2018 153 Votos
O Concello estrea deseño para o selo da credencial do Camiño aos peregrinos, alusivo aos tres bens mundiais de Lugo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, informou este venres de que o Concello vén de estrear deseño para o selo da credencial do Camiño de Santiago aos peregrinos ao seu paso por Lugo. O novo cruño, do que xa dispón desde esta mañá o persoal que sela as credenciais, tanto da casa consistorial, como da oficina de turismo municipal, alude aos tres patrimonios da humanidade cos que conta Lugo: a Muralla, a Catedral e o propio Camiño Primitivo, o que contribuirá á promoción da cidade entre os cada vez máis peregrinos que elixen este ruta para acadar a Compostela.

 

O Concello continúa por outra banda coa programación de actividades que organizou este verán para a difusión do Camiño. En concreto, mañá sábado terá lugar unha nova xornada do ciclo De Tapas polo Camiño Primitivo, cun percorrido entre A Tinería e a ponte romana. Así mesmo, o vindeiro sábado 25 de agosto terá lugar unha nova ruta de Pasos con Historia, con saída dende a rúa Alcalde Anxo López Pérez. Para participar en calquera das dúas alternativas culturais é preciso inscribirse na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo, ou ben a través do teléfono 982-251-658.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi