Información
Lugo

Lugo pecha as contas do Arde Lvcvs cun superávit de 53.000 euros

Información
09 Julio 2018 2317 votos
Lugo pecha as contas do Arde Lvcvs cun superávit de 53.000 euros

O Goberno deu conta este luns do orzamento do Arde Lvcvs 2018, que deixa un superávit de 53.000 euros. Así o deu a coñecer a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen proporcionou estes datos durante a xuntanza da Corporación Municipal para dar conta destes festexos, que conseguiron este ano o Selo do Ano Europeo da Cultura, distinción que tamén comparte a programación do Arde Lvcvs Cvltvral.

 

Segundo a información achegada pola edil nun novo exercicio de transparencia do Goberno, os ingresos (442.513,28 euros), procederon das seguintes fontes: Concello: 300.000 euros -partida contemplada nos orzamentos-, Deputación de Lugo: 18.000 euros, Xunta: 25.000 euros, e patrocinadores, 47.500 euros; entre Coca-Cola, Monbus, Urbaser, Estrella Galicia, Gestagua, Gadisa, Abanca, Regina Viarium, Calfensa, Tableros Hispanos, Forus e Hervey. En ingresos tamén figuran as incorporacións polo Macellum, 26.702,96 euros, polas tabernas, 12.417,20 eruos e polos postos de comida, 2.351,12 euros. Pola venda de entradas dos tres espectáculos de pago -Circo Romano, Harpastvm e Divinivm-, ingresáronse 10.542 euros.

En canto aos gastos (389.469€), foron os seguintes: asociacións de recreación histórica, 93.600 euros, produción: 58.596,60 euros, seguridade: 18.236,981 euros, electricidade, 14.502€, espectáculos: 107.742,80 euros, teatro, 11.700 euros, aloxamentos: 15.863 euros, e outros, como cartelería e programas: 79.228,59 euros.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi