Información
Lugo

O STEG Lugo manifestou no Consello Escolar Municipal de Lugo o seu rexeitamento aoinforme negativo da Xefatura Territorial de Lugo para a creación dun novo centro público entre murallas ou en terreos colindantes

Información
08 Junio 2018 907 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O STEG Lugo, que fora quen planteara o ano pasado, neste mesmo foro, a necesidade de crear un novo centro público entre murallas ou en terreos colindantes, manifestou o seu rexeitamento ao informe achegado pola Consellería de Educación, a través da Xefatura Territorial de Lugo, que desaconsella a construción dunha escola nesta zona.

A petición do STEG-Lugo, secundada no seu día por maioría, fundaméntase na ausencia de centros públicos na citada zona que poidan facilitar o acceso por parte de toda a cidadanía  a unha escola pública e de calidade nesta zona da cidade. Ao criterio do STEG, os argumentos da Consellería (que inclúe os centros concertados para o cómputo das prazas ou ignora a escaseza de prazas públicas na zona aludida) non son abondo pra fundamentar esta negativa.

Ao tempo que o STEG manifestou a súa posición, instou tamén ao resto de colectivos e organizacións sindicais a que manifestasen a súa posición ao respecto e se daban por boa a negativa da Consellería.

 

Noutra orde de cousas, o Concelleiro informou –ao fío doutra demanda realizada polo STEG no seu día- que as barandas metálicas solicitadas para asegurar o paso do alumnado e dos peóns no acceso ao IES Leiras Pulpeiro, están case rematadas e é inminente a súa colocación. De igual xeito, comentou que as beirarrúas dos accesos ao Ceip das Gándaras están incluídas nos presupostos e que por tanto, haberá avances nese sentido tamén.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

El 22 de febrero, Lume de Biqueira, la banda de gaitas...

A Marinha realiza no próximo dia 19 de fevereiro, na Esquadrilha...

O secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, compareceu esta mañá...

O Polígono Industrial de Bértoa acolle o domingo 17 de febreiro,...