Información
Lugo

A louseira PIVERI S.L. de Mondoñedo non quere pagar o que expropiou aos veciños

Información
18 Mayo 2018 1473 votos
Afectados polas louseiras do rio Baos. Mondoñedo denuncian que a empresa expropiadora pretende roubarlles as propiedades.

A louseira PIVERI S.L. de Mondoñedo non quere pagar o que expropiou aos veciños amparándose na utilidade pública da expropiación por vía de urxencia da Dirección Xeral de Minas que supoñía a expropiación forzosa fai ano e medio.
 
A asociación de Afectados polas louseiras do Val do Río Baos di que a empresa Pizarras Veira do Río S.L. provocou xa danos en estradas e comezou a actividade sen os permisos oportunos.
Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (actadanegativa-a-pagaraosexpropiados.pdf)actadanegativa-a-pagaraosexpropiados.pdf 172 kB
Veciños e veciñas das parroquias de Lindín e Santa María Maior (Mondoñedo) recentemente constituíron a asociación “Afectados polas louseiras do Val do Río Baos”. Unha entidade que quere denunciar as irregularidades que unha empresa de lousas está cometendo no concello.
Dano ambiental causado por unha empresa de lousas de Mondoñedo
Dano ambiental causado por unha empresa de lousas de Mondoñedo

Os veciños decidiron constituírse en asociación logo de reunións previas de posta en común da problemática da mala convivencia que, a causa de varios accidentes, están a crear as louseiras asentadas nestas parroquias, ámbalas dúas da empresa Pizarras Veira do Río S.L. (PIVERI).

Unha decisión que tomaron “ante o reiterado incumprimento por parte da empresa dos acordos de convivencia, e a uns métodos de traballo desta que impiden o resto das actividades económicas, danan as propiedades privadas, contaminan o medioambiente e sobre todo poñen en perigo a seguridade da cidadanía”. Por iso, acordan iniciar os trámites de información e denuncia ante os organismos pertinentes (Consellería de Economía, Emprego e Industria e concellos de Mondoñedo e Lourenzá) das prácticas ilegais que a empresa a cometer tanto nos seus proxectos como nos espazos públicos de convivencia.

Neste sentido, denuncian que este mesmo sábado a empresa efectuou a descarga de maquinaria pesada en vías públicas titularidade da Deputación de  Lugo e do Concello de Mondoñedo. “Obviamente sen os permisos oportunos ao carecer dos métodos preventivos necesarios, xa que se causaron estragos no firme da estrada recentemente aglomerada (LU-P-3103) e se esnaquizou a rede de saneamento fluvial ao seu paso”, din.

Así, lembran que ditas vías foran acondicionadas tanto por a Deputación coma por o Concello nos últimos 4 meses, cun importante orzamento económico dos dous erarios públicos “que a entendemento da Asociación debe ser resarcido por a empresa”. Ademais alertan de posibles derrubes de vías pola realización de escavacións de máis de 20 metros que provocaron fendas.

A actividade dunha louseira en Mondoñedo está causando derrubes que poden provocar graves accidentes
A actividade dunha louseira en Mondoñedo está causando derrubes que poden provocar graves accidentes
Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi