Información

Fernández Queipo asume a Vicepresidencia da Deputación e o departamento de Xestión Territorial

Información
XornalGalicia 11 Abril 2018 619 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

- O Presidente destacou que "continuamos a traballar con absoluta normalidade e maior intensidade se cabe por unha Deputación coas persoas, social e rural. Somos un equipo de Goberno no que prima a humildade, a responsabilidade e o compromiso cos máis de 300.000 veciños da nosa provincia"

 

- O Vicepresidente dixo sentirse "moi honrado pola confianza dos seus compañeiros. A Deputación é a casa de todos os Concellos polo que, dende as miñas novas responsabilidades, seguirei a traballar para tentar dar resposta ás necesidade dos nosos veciños. Só agardo estar á altura das circunstancias. Grazas amigo Presidente"

O Presidente, Darío Campos Conde, nomeou este mércores a Argelio Fernández Queipo como Vicepresidente da Deputación e responsable do departamento de Xestión Territorial, que inclúe Vías e Obras e Parque Móbil. Fíxoo simultaneamente ao cese de Manuel Martínez destas responsabilidades, así como da Xunta de Goberno, órgano no que pasa a ser membro a Deputada de Cultura, Pilar García Porto.

Campos Conde destacou que "continuamos a traballar con absoluta normalidade e con maior intensidade se cabe por unha Deputación coas persoas, social e rural. Somos un equipo de Goberno no que prima a humildade, a responsabilidade e o compromiso cos máis de 300.000 veciños da nosa provincia. E creo que así o demostramos sempre con cada un dos proxectos que fomos quen de sacar adiante a pesar de todas as trabas que tentan poñernos. Hoxe a Deputación é por excelencia o motor económico e social desta provincia, a institución con máis iniciativas para a xeración de novos postos de traballo e oportunidades económicas, para fomentar o benestar dos nosos veciños ou para dinamizar a vida no rural. Lideramos os investimentos na provincia en plans de xeración directa de emprego, de atención aos nosos maiores e a persoas con capacidades diferentes, de obra pública e tamén de impulso do deporte, a cultura ou promoción turística. Destinamos todos os fondos públicos desta institución, que son de todos os lucenses, á mellora da calidade de vida dos nosos veciños. E así o seguiremos a facer sempre".

Fernández Queipo

Fernández Queipo continúa á fronte da área de Cooperación cos Concellos e Medio Ambiente, asumindo ademais agora, polo tanto, a Vicepresidencia e a área de Xestión Territorial da Deputación. É traballador público en excedencia no servizo de Conservación de Estradas de Asturias, "unha persoa que, non só debido á súa profesión, está moi sensibilizada coa necesidade de mellorar o conxunto de estradas nos 67 Concellos imprescindible para garantir a igualdade de oportunidades vivas onde vivas. Como veciño e Alcalde da Fonsagrada, coñece de primeira man ás necesidades nesta materia, pois a Montaña foi durante décadas de goberno do PP a Comarca esquecida", destacou o Presidente. Pola súa banda, o xa Vicepresidente dixo sentirse "moi honrado pola confianza depositada en mín polos meus compañeiros. É unha grande responsabilidade, que asumo con total humildade e con moita ilusión. Sempre digo que a Deputación é a casa de todos os Concellos polo que, dende as miñas novas competencias, seguirei a traballar para tentar dar respostas ás necesidade de todos os veciños da nosa provincia. Só agardo estar á altura das circunstancias. Moitas grazas amigo Presidente".

Celta B pón a sexta en Abegondo (1-3)

O Celta B encadeou a súa sexta vitoria consecutiva este domingo en Abegondo e, a falta de pecharse...

El Deportivo de Escotet el Venzolano se queda a un paso del título y de la Fase de Ascenso

    El Deportivo  hizo los deberes en la última jornada de liga en el grupo 1º de Se...

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....