Información
Lugo

O deseño da pasarela peonil no Miño, terá un orzamento de máis de 880.000€

Información
11 Marzo 2018 1712 Votos

Presentouse este venres o deseño da pasarela peonil ao río Miño que o Concello acometerá a través do programa Muramiñae, da Muralla ao Miño, cofinanciado nun 80% polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Esta infraestrutura, coa que o Goberno local responde a unha “demanda histórica” da cidadanía lucense, “nace co obxectivo de crear un novo itinerario para peóns e bicicletas que favoreza a continuidade do casco urbano de Lugo á zona do río Miño, pois na actualidade soamente existen dous accesos peonís, ambos mediante pasos inferiores, tres se contabilizamos a rúa da Ponte, tamén mediante paso inferior”, explicou a rexedora.

 

As obras proxectadas consisten na execución dun paso superior peonil sobre a N-VI de xeito que se reforce a permeabilidade transversal entre o casco histórico e unha das zonas máis deportivas, así como á zona de congresos da cidade.

Esta pasarela terá un dos seus estribos na isleta do enlace da N-VI co acceso ao complexo deportivo e ao campo de fútbol, sendo este o único espazo posible de desembarco. O outro dos estribos localizarase na zona máis próxima posible á zona do aparcadoiro do Pazo de Feiras.

Características

Será unha pasarela de arco metálico rebaixado, que se considera a máis adecuada debido á súa luz libre de 45 metros, apoiada en dous estribos de formigón, circulares de 2 metros de diámetro, que á súa vez serven de apoio ás ramplas de acceso, tamén metálicas e con trazado en espiral. “Un dos elementos máis singulares deste proxecto da pasarela é que se materializa en torno a dúas vigas dóricas laterais, moi acaídas, por certo, nunha cidade de pasado romano. Colocarase tamén unha varanda e pavimento de resina antideslizante”, explicou a Alcaldesa.

Accesos

O acceso norte terá lugar dende o actual paso de peóns sobre o ramal de enlace coa N-VI. Débese acondicionar un camiño peonil que discorra entre os ramais do enlace dirección Madrid-Lugo e Lugo-A Coruña, de xeito que se comunique o paso de peóns coa isleta na que se ubican as rampas de acceso.

Ademais, e co fin de manter un ancho mínimo de 2 metros de paso libre, débese desprazar o carril Madrid-Lugo lixeiramente cara o exterior, pois o espazo libre existente actual é de un metro. A zona peonil entre os carrís de enlace protexerase mediante barreiras de protección ríxidas.

O acceso sur non plantexa ningún inconvinte xa que se comunica a rampla cos itinerarios peonís internos do aparcadoiro do campo de fútbol. Para elo, ocúpase unha pequena franxa de zona verde do aparcadoiro e unha franxa do propio aparcamento, ocupando 2 prazas. Deste xeito, xérase un pequeno itinerario peonil en superficie para enlazar coas vías de peóns xa existentes.

O orzamento deste proxecto, enmarcado dentro da estratexia EDUSI, Muramiñae, da Muralla ao Miño, financiado ao 80% por Fondos Europeos de Desarrollo Regional (FEDER), é de 885.700 euros.

Conexión segura e cómoda

“Moitas veces a xente pregúntase para que serven os fondos FEDER. A resposta máis ampla é para mellora a vida da veciñanza, e neste caso, a resposta máis concreta é para facer unha pasarela peonil que permita unha conexión segura e cómoda para peóns e ciclistas”, asegurou Méndez.

“Creo que poucas infraestruturas teñen tanto simbolismo e identidade como unha pasarela, e máis nunha cidade que sempre viviu de costas ao Miño, separando o medio que atesoura patrimonio histórico e medio ambiental. Por iso, con esta pasarela xuntaremos o pasado de Lugo cun impresionante futuro de desenvolvemento, e de desenvolvemento sostible, polo que vimos apostando dende o Goberno en todas e cada unha das nosas actuacións, co obxecto de conseguir espazos máis amables onde facer vida de cidade”, engadiu a Alcaldesa.

Lara Méndez destacou que hoxe “comézase a cumprir un soño, non só o dos miles de siareiros que acoden cada quince días ao Anxo Carro, senón o de todos os lucenses. Con esta nova medida de mobilidade urbana transformaremos o carácter da cidade, esa cidade que sempre viviu de costas ao Miño, para convertela en cidade que prolonga os espazos públicos para o seu uso público”.

Documentos

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi