Carmen Basadre participou nos actos conmemorativos, que arrincaron na Praza de Ferrol co descubrimento dun monolito e a plantación dun magnolio

XornalGalicia  11 Junio 2017  7744 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Pilar García Negro recibe unha cálida e profunda homenaxe na súa terra natal, Lugo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participou este sábado nos actos de homenaxe a Pilar García Negro, organizados pola Asociación de Escritores Galegos e Galegas (AELG), coa colaboración do Concello nesta edición, entre outras institucións.

 A celebración, á que tamén asistiu o presidente e a secretaria deste colectivo, Cesáreo Sánchez e Mercedes Queixas, respectivamente; membros da Corporación, así como a Deputada de Cultura, Pilar Porto, entre outras autoridades, arrincaron na Praza de Ferrol, onde a homenaxeada xogaba de nena e ía ao colexio, co descubrimento dun monolito e a plantación dun magnolio.

"Luguesa, escritora, política, abandeirada do galego e rosaliana. Así definiu á homenaxeada Carmen Basadre, quen no acto reivindicou á lectura en galego. Así mesmo convidou a empregar "o noso idioma como bandeira dunha cultura propia, e esta cultura propia como definición dun país". Nesta liña tamén insistiron os representantes da AELG, quen recordaron a traxectoria profesional da homenaxeada.

Pola súa banda, García Negro amosouse orgullosa por este agasallo e compartiu as súas vivencias en Lugo de cando era cativa

O monolito, esculpido por Xavier Quijada, reza o seguinte, Lugo: Cabo do Miño, presidente dos ríos galegos (Carvalho Calero dixit). Cidade cinxida pola Muralla, sinal da nosa historia e do noso futuro. Na luz inextinguíbel de Rosalía de Castro. No eco da música de Xoán Montes. Sempre en galego. Sempre en Galiza.

A escritora na súa Terra Posteriormente, as persoas participantes achegáronse á Casa Consistorial, onde a homenaxeada recibiou a Letra E dos premios A Escritora na súa Terra, da AELG; e logo tivo lugar un xantar de confraternidade. En García Negro recae a 23ª edición da homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E, unha iniciativa que ten como obxectivo honrar aos escritores e escritoras galegos procurando o contacto directo co autor ou autora, e a implicación persoal na xornada de homenaxe. Esta é a primeira vez que a AELG outorga unha homenaxe a unha ensaísta.

A Asociación de Escritores en Lingua Galega reúne máis de 415 escritores e escritoras da literatura galega en todas as súas manifestacións. Foi fundada no ano 1980 e traballa a pol da dignificación do oficio de escritor/a, así como da promoción dos autores/as e das súas obras.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...