Información

Medio cento de veciños da Residencia acuden á terceira xuntanza entre a Alcaldesa e os lugueses para deseñar as novas liñas de bus urbano

Información
XornalGalicia 29 Abril 2016 5663 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Medio cento de veciños da Residencia acuden á terceira xuntanza entre a Alcaldesa e os lugueses para deseñar as novas liñas de bus urbano

Medio cento de veciños e veciñas do barrio da Residencia acudiron este xoves á xuntanza entre a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e os lugueses para recoller as súas propostas e deseñar así o novo mapa de liñas de buses urbanos, adaptándoo á realidade social e económica da cidade. Nesta ocasión, a reunión tivo lugar no Local Social Leiras Pulpeiro.

Na reunión, á que tamén asisitu o voceiro municipal, Miguel Fernández, os participantes demandaron principalmente máis frecuencia nos horarios das liñas que se dirixen ao Hospital Universitario Lucus Augusti, así como intercambiadores de transporte e billetes de transbordo.

Esta é a terceira xuntanza enmarcada dentro da campaña Móvete por Lugo, posta en marcha polo Concello para reorganizar de xeito global as liñas do bus urbano, aproveitando o novo contrato do transporte. Ademais desta ferramenta de participación, os lucenses poden achegar propostas a través do correo electrónico creado especificamente para esta campaña: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., ou ben a través de www.lugo.gal, ou do Servizo de Atención Cidadá 010.

Tras a reunión deste xoves na Residencia, e logo de achegarse aos barrios da Abella e  da Milagrosa, a Alcaldesa reunirase mañá coa veciñanza do Sagrado Corazón, no Centro de Convivencia deste barrio, ás 20:00 horas. Lara Méndez tamén se achegará a Fontiñas, Fingoi, A Piringalla e Garabolos; As Gándaras, A Ponte e o Ceao. O Concello informa de todas as reunións na web www.lugo.gal e nas redes sociais.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi