Información

A Volta Ciclista a España recorrerá 16 quilómetros por Lugo, finalizando na Ronda da Muralla á altura da porta de San Fernando

Información
XornalGalicia 27 Abril 2016 6180 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Darío Campos, e o Director Xeral da Volta Ciclista a España, Javier Guillén, presentaron este mércores o recorrido que conforma o final da 5ª etapa da 71ª Volta Ciclista, que acollerá a cidade de Lugo o mércores 24 de agosto, unha etapa que discorrerá ao longo de 170 quilómetros entre Viveiro e Lugo, acollendo o municipio lucense os últimos 16 quilómetros.

A rexedora, quen avanzou que levan meses traballando de xeito coordinado entre o Concello e a organización da Volta para que o paso do movemento serpenteante multicor por Lugo sexa un éxito, anunciou o percorrido polo que pasará o pelotón ciclista, que entrará na cidade pola Ronda Norte ata a praza Ramón Falcón para continuar pola rotonda da Medusa e incorporarase á N-VI ata Tolda de Castela, onde tomarán a estrada do Rato e sairán por San Eufrasio para subir pola rúa Castelao ata a Ronda, en sentido inverso á circulación. Pasarán pola Praza da Constitución, as rúas Anxo López Pérez e Vilalba, e de novo pola Ronda .

O arco da meta estará situado en San Fernando, é dicir, na confluencia da Ronda da Muralla coa Avenida da Coruña, “desta forma todos poderemos contemplar a Volta dende un escenario vip, o adarve da Muralla”, subliñou Lara Méndez, quen lembrou que dende o principio, tras conseguir que a Volta pasara por Lugo despois de 10 anos, “tivemos claro que debía terminar na Ronda, aínda que é verdade que nos supón un maior esforzo e traballo pola reorganización do tráfico ao tratarse dunha das principais arterias de comunicación da cidade, pero non o dubidamos”.

Turismo, motor económico

“Converter Lugo en sede de etapa enmárcase nas liñas fundamentais de traballo do noso Goberno, dirixida a potenciar o turismo como motor económico da cidade aproveitando o patrimonio co que temos o privilexio de contar, pero tamén forma parte da nosa aposta polo deporte”, asegurou a rexedora, quen aproveitou para lembrar que a candidatura conxunta de Lugo, Sarria e Monforte vén de ser elixida como sede dos Xogos do  Eixo Atlántico.

Lugo, catapultado ao mundo coa Volta

A Alcaldesa manifestou que a Volta é un gran escaparate para Lugo, ao que se  asomarán a través da televisión millóns de persoas duns 190 países dos cinco continentes. “Calquera campaña de promoción de Lugo sería máis cara que recibir á Volta, posto que máis de 1.400 xornalistas transmiten esta carreira, 1.400 persoas que logo poderán exercer de embaixadores de Lugo” e que proceden de lugares como Alemaña, Arxentina, Australia, Bélxica, Brasil, Camerún, Canadá, Colombia ou Costa Rica, entre moitos outros.

O Concello realizará un investimento de 80.000 euros para que Lugo sexa punto de chegada dunha etapa da Volta Ciclista 2016, un desembolso que suporá uns beneficios na cidade de ao redor dun millón de euros. “Acoller ao pelotón ciclista ten un custe mínimo fronte ao retorno económico, posto que por cada euro invertido, a cidade recibirá 12”, subliñou Méndez.

No que se refire a proxección tamén incidiu Darío Campos, quen se definiu como un adepto “do ciclismo de salón”, asegurando que dende o primeiro momento tivo clara a colaboración cos concellos lucenses polos que discorre a Volta, pola proxección que supón da provincia, un dos obxectivos prioritarios para o ente provincial. A 5º etapa discorre integramente por territorio lucense.

Pola súa banda, Javier Guillén incidiu na audiencia real que tivo a pasada edición esta proba deportiva, uns 370 millóns de persoas en todo o mundo. Aproveitou tamén para anunciar que este ano a cobertura en TVE pasará de 2 a 3 horas, o que aumentará a difusión da cidade, a onde chegará unha semana antes da Volta unha caravana publicitaria. Neste senso, o Director Xeral deste evento tamén anunciou a celebración dun festexo na Praza Maior o día 24 de agosto, unha vez recibido ao pelotón.

Volta Junior

Lara Méndez aproveitou para anunciar que nesta mesma xornada, previamente á chegada dos ciclistas, celebrarase tamén a Volta Junior, unha actividade que impulsan os organizadores da propia Volta co Consello Xeral de Deportes e a Asociación de Ciclistas Profesionais. Nesta proba participarán 200 nenos e nenas de 4 colexios lucenses de entre 9 e 12 anos de idade, que recorrerán o último quilómetro da etapa, entra a rúa Vilalba e a confluencia da Ronda coa Avenida da Coruña, “para que os máis pequenos vivan en primeira liña o emocionante ambiente da Volta e para infundir neles a práctica deportiva e a afección ao ciclismo”.

Paralelamente, desenvolveranse previamente actividades de difusión da bicicleta nos colexios participantes, que son os de Casás, Paradai, Rosalía de Castro e Albeiros. 

Audio

  • Lara Méndez, sobre a Volta Ciclista a España | Descargar mp3

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi