Información

Todos os Deputados do PP abandonan o Pleno para non reprobar declaracións machistas

Información
28 Marzo 2017 5774 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

- "NON DE PODE CONSIDERAR UNHA AGRESIÓN SEXUAL COMO TAL. HOUBO UNHA INTIMIDACION E UN ACERCAMENTO, INCLUSO ALGÚN TOCAMENTO". Estas son as declaracións textuais que hai 15 días fixo o Subdelegado do Goberno en Lugo

- O Partido Popular non reprobou as afirmacións do que é o máximo responsable do Goberno Central na provincia de protexer os dereitos e liberdades e de garantir a seguridade dos cidadáns, aínda que hoxe el mesmo rectificou e pediu perdón

Todos os Deputados do Partido Popular abandonaron este martes a sesión plenaria da Corporación Provincial xusto cando se ía a votar a reprobación das declaracións machistas e en contra da dignidade das mulleres do que é o máximo responsable na provincia do Goberno Central de protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades, así como de garantir a seguridade cidadá. Estas competencias recaen no Subdelegado do Goberno en Lugo, que dixo: "NON SE PODEN CONSIDERAR UNHA AGRESIÓN SEXUAL. HOUBO UNHA INTIMIDACIÓN E UN ACERCAMENTO, INCLUSO ALGÚN TOCAMENTO".

O PP xustificando a súa postura cos seguintes argumentos, que foron replicados polo voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos:

1.- O PP non reprobou estas declaracións machistas porque o Subdelegado rectificou e pediu perdón esta mañá, 15 días despois.

- Santos Ramos dixo que se o Subdelegado rectificou e pediu desculpas é porque que el mesmo parece que se deu conta, semanas despois, que son intolerables estas afirmacións en contra da honorabilidade das persoas, máis aínda, cando as fai o máximo responsable do Goberno de España na provincia de Lugo da súa protección e defensa. Tendo en conta que o propio autor destas declaracións rectifica e pide desculpas, confirmando a gravidade das mesmas, non se pode entender que o Partido Popular non as reprobe.

- O voceiro remarcou que a moción non pide a dimisión do Subdelegado nin o seu nomeamento como persoa non grata. Pide que a Corporación da Deputación de Lugo diga non a declaracións machistas. Pide a reprobación do que é o máximo responsable na provincia de Lugo por parte do Goberno Central de protexer os dereitos e igualdades dos veciños e de garantir a súa seguridade por desculpar aos agresor por facer tales afirmacións. Pide medidas ao Estado para defender en todo caso ás vítimas, como non se fixo neste caso. E pide pór en coñecemento do Presidente do Goberno Central e da Delegación do Goberno en Galicia o acontecido pola súa gravidade.

2.- O PP non reprobou estas declaracións machistas porque as considera iguais as doutros representantes institucionais.

- Para o PP é o mesmo dicir que: "NON SE PODE CONSIDERAR UNHA AGRESIÓN SEXUAL COMO TAL. HOUBO UNHA INTIMIDACIÓN E UN ACERCAMENTO, INCLUSO ALGÚN TOCAMENTO", que: "é un caso puntual. A Policía Local está a intensificar a vixilancia na zona. É lóxico que se cree certa alarma social pero temos que evitar que se produza".

Son as declaracións da Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, ao respecto dunha violación na capital luguesa, que o Partido Popular considera iguais ás do Subdelegado. Por este motivo, hoxe a súa voceira se encargou de emitilas a través dun móbil, que achegou aos micros do Salón de Plenos, para que as escoitasen os membros da Corporación Provincial e asistentes á sesión plenaria.

3.- O PP non reprobou estas declaracións machistas porque cree que se utiliza a Deputación con fins partidistas.

- O voceiro do Goberno lembrou que os representantes da Deputación de Lugo teñen a obriga de defender aos veciños da provincia. Polo tanto, todos os membros da Corporación Provincial debemos rexeitar calquera feito que atente ao honor e defensa dos cidadáns.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi