Información
Lugo

A Alcaldesa reafirma a aposta do Concello polo envellecemento activo na clausura dun congreso de xeriatría

Información
24 Abril 2016 4890 votos

Lara Méndez asegurou que “unha poboación que prescinde dos seus maiores, non é xusta, nin igualitaria, nin intelixente”

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este sábado na clausura do 28º Congreso da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, co que colabora o Concello. Trátase dun congreso de ámbito internacional que avanza na busca dunha maior calidade de vida deste colectivo e que acolleu durante este venres e sábado o Salón de Actos da Deputación, ata onde se achegaron máis de 200 asistentes de toda Galicia e e España e ata 50 poñentes de distintos puntos de España, pero tamén de Portugal e  Sudamérica.

Durante a clausura, na que tamén participou o Presidente da Deputación, Darío Campos, o Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría e o do Comité Organizador, Miguel Ángel Vázquez e Carlos Dosil, respectivamente; a Alcaldesa reafirmou a aposta do Concello pola promoción e o desenvolvemento de accións de envellemento activo e autonomía persoal, capaces de mellorar de calidade de vida e o benestar das persoas maiores.

“As políticas sociais son a esencia do Concello de Lugo”, subliñou Lara Méndez, quen asegurou que a entidade local lucense é a que máis inviste en Galicia neste eido e a cuarta de España, destinando nos orzamentos do 2016 un 21% dos recursos, uns 19 millóns a políticas sociais.

O Concello ofrece aos maiores lucenses servizo de axuda e xantar no fogar, o Centro de Día Antonio Gandoy, con 50 prazas, e un completo programa de actividades de animación sociocultural nos centros sociais da cidade e do rural. Neste senso, a rexedora insistiu na “imperiosa necesidade de prazas públicas de residencia que ten Lugo”, ao tempo que fixo fincapé na colaboración entre administracións para poder ofrecer uns servizos dignos

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....