Información
Lugo

O Concello instala máis de 40 novos puntos de luz no rural, que se suman aos preto de 6.000 existentes

Información
07 Noviembre 2016 3389 votos
O Concello instala máis de 40 novos puntos de luz no rural, que se suman aos preto de 6.000 existentes

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, visitou este sábado as obras que o Concello está a levar a cabo para instalar novos puntos de luz no rural, que se suman aos preto de 6.000 existentes nas 54 parroquias. Nestas tarefas a entidade local inviste preto de 35.000 euros, instalando un total de 43 focos de tecnoloxía led duns 20 vatios, polo que teñen un consumo eléctrico moi reducido.

Deste xeito, estanse a colocar puntos de luz cos que mellora a iluminación pública nas parroquias de Bacurín, Orbazai, Bocamaos, Santa María de Muxa, Santa Comba, Bazar, Bascuas, Santa Marta de Fixós, Santa María Alta, Carballido, San Salvador de Muxa, Tirimol, Pedreda, Lamas, San Xoán do Alto e Coeo.

Estas actuacións súmanse ás que vén realizando a brigada municipal dos servizos eléctricos do rural ao longo de todo ano, encargándose do mantemento da totalidade do alumeado público das parroquias. Entre as súas tarefas están a reposición das lámpadas ou a poda das ramas que lle afectan ao tendido eléctrico, entre outras.

Ademais, os operarios desta brigada están a cambiar as lámpadas de mercurio por outras de baixo consumo, que son moito máis eficientes enerxeticamente. Na actualidade xa cambiaron 3.475 e ao longo do próximo ano cambiaranse as restantes. Por cada punto de luz calcúlase que se produce un aforro duns 33 euros ao ano no consumo eléctrico, o que lle supón ao Concello pagar uns 198.000 euros menos anualmente.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....