Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

2 PB031999Lugo, a 04 de novembro de 2016.- O pasado día 10 de outubro, ADEGA solicitou á Confederación Hidrográfica Miño-Sil o arquivo do expediente de autorización da ataguía que actualmente está en proceso de demolición por mandato do Ministerio de Medio Ambiente. ADEGA, no seu nome e no da plataforma "Lugo de Cara ao Miño", presentou un escrito no que expoñía os motivos polos cales considera que se debe poñer fin á tramitación de dito expediente, iniciado a instancias da empresa INCA (primeiro) e do Concello de Lugo (despois), tras a incoación do expediente sancionador agora resolto.

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil contestou a este requirimento indicando que polo momento non se pode resolver ao respecto desta solicitude por tratarse dun expediente que está en suspenso, á espera de que se resolva a tramitación de impacto ambiental. Unha tramitación que, segundo o Organismo de Bacía, resulta necesaria para poder pronunciarse sobre a autorización do dique que, actualmente, está a ser retirado. No obstante, o Organismo de Bacía comprométese a estudar de forma "detallada" esta solicitude de arquivo do expediente de autorización da ataguía, unha vez sexa levantada a suspensión do prazo para resolver sobre a tramitación de impacto ambiental. Lembremos que as administracións implicadas en tal resolución (Xunta, Ministerio e CH) non se poñen de acordo en que organismo debe decidir sobre o sometemento desta fallida infraestrutura á avaliación ambiental, o que aínda podería derivar nun conflito de competencias que, posiblemente, de non dirimirse pronto, se teña que resolver nos xulgados.

Desde ADEGA e desde a plataforma "Lugo de Cara ao Miño" consideramos que a día de hoxe xa non ten sentido proseguir coa tramitación do devandito expediente por atoparse a infraestrutura en proceso de demolición e por haber unha resolución firme do Ministerio de Medio Ambiente sobre a súa ilegalidade. Así mesmo, resaltamos o feito de que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, da Xunta de Galicia, no seu informe ambiental do pasado 4 de outubro, sinala que segundo a Declaración de Impacto Ambiental do Proxecto de aproveitamento da Fábrica da Luz, o dragado do río deberá facerse "sempre desde fóra do río", polo que está dando a entender que, nin a actual ataguía, nin outra futurible situada no interior do leito fluvial, serían autorizables para o dragado da canle de derivación do río cara á Fábrica da Luz. Este informe tamén revela, de forma indirecta, que a Xunta informaría negativamente á autorización desta ataguía no interior do río, no caso de que teña que ser esta administración a que adopte a decisión.

Pola súa parte, ADEGA advirte á Confederación Hidrográfica Miño-Sil que segundo a Lei de Procedemento Administrativo vixente, a suspensión do prazo para resolver sobre a autorización da ataguía non pode superar os 3 meses, polo que lle pide ao Organismo de Bacía que indique cando está previsto que se levante a suspensión do procedemento ou se xa venceu o prazo legal para facelo.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...