Información
Lugo

Canles de participación: xuntanzas cos veciños nos barrios; a través do correo moveteporlugo@concellodelugo.org ou de www.lugo.gal; e chamando ao 010

Información
14 Abril 2016 5380 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este xoves a campaña Móvete por Lugo #Ti Decides, a través da que os lucenses participarán de maneira directa no deseño do novo mapa de liñas dos buses urbanos e na mellora do servizo. “A cidade facémola entre todos”. Así resume a rexedora o espírito co que nace esta nova iniciativa do Concello, que quere “un transporte público de viaxeiros moderno, eficiente e adaptado á realidade social e económica da nosa cidade para facelo máis accesible aos lucenses, pero tamén aos visitantes. Que mellor maneira de conseguilo que contando coa opinión, propostas e suxestións dos veciños e veciñas, tanto dos que son usuarios do bus urbano, como dos que de momento non o utilizan, sobre os percorridos, as paradas e as melloras que precisa o servizo”, asegurou Méndez.

Móvete por Lugo inclúe tres canles de participación:

A Alcaldesa explicou que para fomentar ao máximo a participación o Concello informará da campaña a través da web municipal e das redes sociais, e tamén repartirá dende hoxe dípticos informativos en todas as instalacións municipais (consistorio, edificio administrativo, Policía, centros sociais, biblioteca,  piscinas...) e tamén nos buses urbanos.

Diálogo cos veciños e coas forzas políticas

“Temos claro que o diálogo constante cos cidadáns é fundamental na xestión municipal, polo que o proceso de participación que abrimos coa campaña Móvete por Lugo para mellorar o servizo de bus urbano discorrerá de maneira complementaria ao diálogo co resto de forzas políticas que desenvolveremos na mesa de traballo que poñeremos en marcha no marco da Mesa de Mobilidade, tal e como aprobou o Pleno”, sinalou Lara Méndez, quen lembrou que o prazo para implantar o novo mapa de liñas de bus é dun ano. “Preparamos un deseño a dez anos vista, aínda que coa posibilidade de revisión durante ese tempo”, sinalou Méndez.

Obxectivo: aumentar viaxeiros

Segundo os datos do ano 2015 que expuxo a Alcaldesa, viaxaron no bus urbano de Lugo, que ten a tarifa de billete ordinario máis baixa de Galicia e unha das máis baratas de España, unha media de 175.000 pasaxeiros ao mes, superando os 2,1 millóns de usuarios en todo o ano, cifra que se mantén estable en relación ao 2014.

O obxectivo do Concello “é aumentar de xeito progresivo o número de viaxeiros, que cada vez máis veciños e visitantes empreguen o bus na súa vida diaria, nas actividades de lecer, para ir ao traballo e para coñecer e gozar da nosa cidade. Gañaremos mobilidade e baixará a densidade de tráfico e con elo a contaminación, co que teremos un Lugo máis accesible e humano”, explicou Méndez, que se mostrou convencida de que a reorganización das liñas e a mellora do servizo “que levaremos a cabo coa axuda dos veciños a través da campaña Móvete por Lugo e o aumento da frecuencia horaria que implica o novo contrato serán un pulo importante para conseguir ese aumento progresivo de viaxeiros”.

Audios

  • Lara Méndez, sobre a campaña Móvete por Lugo Descargar mp3
  • Lara Méndez, sobre as xuntanzas veciñas que se enmarcan dentro da campaña Móvete por LugoDescargar mp3

Documentos

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...