Información
Lugo

Lugo conmemora o 85 aniversario da II República Española

Información
14 Abril 2016 5224 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Concello de Lugo celebrou este mércores, 14 de abril, o 85 aniversario da II República Española. Fíxoo cunha ofrenda floral e a lectura dun manifesto na Praza da Soidade, en fronte do monolito que rende homenaxe á República, actos aos que asistiron diversos membros da Corporación Municipal, presidida pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen foi a encargada de dar voz ao manifesto conmemorativo.

Ao comezar o acto, a rexedora indicou que “o que conmemoramos é a implantación da democracia, porque o Estado Democrático se instalou coa República”, ao tempo que subliñou que o Concello celebra este día, “pois é unha administración que cre plenamente na democracia”.

O manifesto denunciou os recortes nos dereitos sociais e de limitación de liberdades colectivas e individuais sufridas nos últimos tempos, o que provocou unha regresión nos dereitos laborais, a privatización de servizos públicos esenciais ou a merma dos sistemas de sanidade e de educación; ao tempo que chamou a construír un novo modelo de Estado de sociedade máis xusto, igualitario, democrático e social.

Ademais, o documento puxo en valor a democracia republicana, “a única que pode traer solución ao desemprego e aos desafiuzamentos, entre outras lacras que hoxe afogan a millóns de persoas no Estado”. Para rematar, o manifesto lembrou aos “héroes que defenderon coa súa vida a democracia”.

Audio

Máis info

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...