Información

Lugo acolle por primeira vez o Congreso da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica

Información
14 Julio 2016 3949 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Lugo acolle por primeira vez o Congreso da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, participou este mércores no Pazo de San Marcos na presentación do XII Congreso de SEAE, que por primeira vez acollerá a cidade luguesa. Terá lugar os días 20, 21, 22 e 23 de setembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Nesta presentación, tamén participaron a Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López; a Directora Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia, Belén do Campo; o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno; o Presidente de Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), José Antonio Fernández, e a Presidenta da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE), Dolores Raigón.

Daniel Piñeiro lembrou que “o Concello apoia e aposta pola agricultura ecolóxica, porque supón un elemento dinamizador máis da cidade, ademais de impulsar e darlle visibilidade a este sector tan puxante como oportunidade económica e de creación de emprego, favorecendo o seu coñecemento e potenciando as canles de comercialización, co cambio progresivo de hábitos de consumo cara aos alimentos ecolóxicos na nosa propia comunidade”.

López Izquierdo destacou que a Deputación colabora con esta iniciativa cunha achega económica de 40.000 euros, “que son un verdadeiro investimento para a nosa provincia, pois Lugo reunirá durante estes días a centos de expertos nacionais e internacionais, xuntando a un numeroso público e converténdose na capital española agroecolóxica por excelencia”.   Toda a información sobre datas, horarios e prezos desta iniciativa en www.deputacionlugo.gal ou www.agroecologia.net.

Programación Martes, 20 de setembro Celebraranse obradoiros, previos ao congreso, que versarán sobre os seguintes temas. O prezo de inscrición varía entre 30 e 80 euros. 1. Silvopastoralismo y recolección silvestre 2. Elaboración de produtos lácteos 3. Sistemas Participativos de Garantía 4. Bosques, acuicultura e agricultura de ribeira 5. Dinamización Agroecolóxica Local 6. Madeira estrutural e FSC 7. Rede Aprendizaxe “Verde”

XII Congreso SEAE Mércores, 21 de setembro 09:00 horas.- Apertura mesa de inscrición 09:15 horas.- Sesión de traballo Agroecoloxía en Europa: Mito ou realidade 12:00 horas.- Inauguración oficial do Congreso 12:30 horas.- Conferencia Leguminosas e Agroecoloxía. M Sánchez (UNCP-CO) 13:15 horas.- Conferencia Agroecoloxía e produción de alimentos. S Bellon (INRA FR) 14:00 horas.- Comida ecolóxica 15:30 horas.- Apertura sesión de pósters 16:00 horas.- Conferencia Silvopastoralismo e Agroecoloxía. JL GlezRebollar (EEZ-CSIC) 16:45 horas.- Sesión de traballo Comunicacións paralelas (1,2,3) 18:15 horas.- Descanso 18:30 horas.- Mesa Redonda Políticas agroecolóxicas e agroforestais 20:30 horas.- Recepción no Concello de Lugo 21:30 horas.- Ruta de la Tapa

Xoves, 22 de setembro 09:00 horas.- Conferencia Cambio climático e AE 09:45 horas.- Sesión de traballo Comunicacións paralelas (4,5,6) 11:45 horas.- Descanso 12:00 horas.- Sesión de traballo Comunicacións /paneis 12:00 horas.- Ponencia Canles curtos, economía circular e reciclaxe 14:00 horas.- Comida ecolóxica 15:30 horas.- Apertura Feira NaturaLugo 16:00 horas.- Conferencia Soberanía Alimentaria e Agroecoloxía. R Binimelis (UVic) 16:45 horas.- Mesa Redonda Novo Regulamento: ¿máis sostibilidade? 18:00 horas.- Descanso 18:15 horas.- Ponencia Agroecoloxía e AE galega 18:45 horas.- Asemblea Xeral Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica 21:00 horas.- Cea de Gala SEAE e entrega da III Edición dos Premios Eco-eLabora

Venres, 23 de setembro 09:00 horas.- Conferencia Calidade agroalimentaria ecolóxica. MD Raigón (UPV) 09:45 horas.- Sesión de Traballo Comunicacións paralelas (7,8,9) 09:45 horas.- Ponencia Biodiversidade e sementes 11:45 horas.- Descanso

12:00 horas.- Innovación agroecolóxica en Agricultura Ecolóxica 12:00 horas.- Encontro con estudantes de Agroecoloxía 13:30 horas.- Conclusións finais 14:00 horas.- Comida 15:30 horas.- Visitas a fincas

Inscricións Os interesados en participar neste XII Congreso deberán cubrir o formulario que se atopa na web www.deputacionlugo.gal ou no seguinte enlace: http://www.agroecologia.net/inscripcion-congreso-lugo16/.  Os inscritos recibirán un e-mail de confirmación, no que se indicará o número de conta no que facer o ingreso. Os prezos son os seguintes:

Tipo

Ata o 20 de setembro

Despois do 20 de setembro

Inscricións xerais

95 euros

120 euros

Agricultores, estudantes

80 euros

95 euros

Socios SEAE

70 euros

85 euros

No prezo, inclúense documentación, certificado de asistencia, caderno de resumos e impresos, actas dixitais e o acceso virtual ás presentacións.

Tamén hai programadas comidas ecolóxicas colectivas. (Prezos orientativos)

Concepto

Ata o 16 de setembro

Despois do 16 de setembro

3 Comidas

39 euros

44 euros

2 Comidas

26 euros

31 euros

1 Comida

15 euros

20 euros

Cea SEAE

20 euros

30 euros

III Premios Ecolabora A Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica/Agroecoloxía (SEAE), no seu vinte aniversario, convoca a terceira edición dos Premios Ecolabora á xeración, xestión e difusión do coñecemento e a innovación en agroecoloxía e produción ecolóxica. A través destes premios, recoñecese a aquelas persoas ou entidades (elaboradores, agricultores, comerciais, promotores de consumo, técnicos asesores, investigadores e autoridades competentes), que contribúen ao desenvolvemento do modelo agroecolóxico e de xestión dos agrosistemas

Deben ser traballos relacionados co eido da Agroecoloxía e a produción agraria ecolóxica, que non fosen nin publicados nin se atopen en proceso de revisión noutro certame e/ou publicación. Admitiranse os traballos incluíndo criterios de orixinalidade, claridade e a contribución temática.

Os premios aos que se pode optar son:

  • Premio á xeración de coñecemento/innovación agroecolóxica e produción ecolóxica, co obxectivo de recoñecer o esforzo e a labor de persoas, empresas ou entidades de España en activo, na xeración de coñecemento da agroecoloxía, a produción ecolóxica e o desenrolo rural sostible.
  • Premio á transferencia/divulgación do coñecemento/innovación en produción ecolóxica, co que se premia o labor e persoas, empresas ou entidades en activo que contribuíran de forma notoria á difusión, transferencia ou divulgación do coñecemento ou a innovación na produción ecolóxica.
  • Premio á industria/elaboración ecolóxica, destinado a e premiar a labor de persoas, empresas ou entidades que contribuíran de forma notoria á xeración e difusión do coñecemento ou innovación na industria/elaboración ecolóxica
  • Premio á restauración ecolóxica, para premiar a labor de persoas, empresas ou entidades que contribuíran de forma notoria á xeración e difusión do coñecemento ou innovación na restauración ecolóxica.
  • Premio “eco-elabora” o consumo ecolóxico destinado a persoas, empresas ou entidades que contribuíran de forma notoria á xeración e difusión do coñecemento ou innovación no consumo ecolóxico.

Os traballos deberán ir acompañados dun resumo dun texto de máximo 250 palabras, a tamaño 11 Arial e interlineado 1. Deberán tamén elixir entre 3 e 5 palabras clave para definir o seu traballo. Ademais, deberán elixir un titulo, que debera ir en maiúsculas, e acompañalo do nome e primeiro apelido do autor/autores, centro de traballo, dirección postal e e-mail. Este documento tamén se pode atopar na web www.deputacionlugo.gal, no espazo dedicado ao XII Congreso de SEAE.

Logo de ser aceptado, deberase reenviar o traballo completo seguindo as indicacións do documento “Modelo completo”, que se atopa tamén na páxina da Deputación de Lugo. As mellores comunicacións serán publicadas tamén na revista Agroecología de SEAE.

Por outra banda, os carteis aceptados polo comité científico serán expostos en espazos habilitados durante el Congreso. O mellor cartel recibirá o Premio Álvaro Altés.

Aceptaranse traballos en castelán, así como en calquera das linguas oficiais do estado. Ademais, tamén se permitirá presentar traballos en portugués.

O calendario de presentación dos traballos é o seguinte:

Prazos límite das comunicacións

Recepción resumos das comunicacións

24 xullo

Notificación de aceptación do resumen

16 agosto

Entrega traballos versión definitiva

5 setembro

Aceptación traballo completo

10 setembro

Recepción traballo definitiva

11 setembro

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi