Información

O Concello asumirá a xestión integral dos comedores en xaneiro de 2017 sempre que a Xunta facilite un convenio para prestar o servizo

Información
XornalGalicia 24 Junio 2016 4743 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello de Lugo comprométese a prestar o servizo integral de comedor nos 10 colexios públicos lucenses nos que a Xunta non o fai, incluído o cátering, a partir do 1 de xaneiro de 2017, e no que se manteñan os mesmos prezos que rexen neste curso, sempre e cando a Consellería de Educación facilite a sinatura dun convenio de colaboración entre ambas administracións fóra dos prazos que ten marcados para este fin (xaneiro, febreiro e marzo).

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, informou desta medida á saída da reunión convocada polo Concello na tarde deste xoves no Salón de Plenos do consistorio lucense entre todas as partes implicadas para garantir a continuidade do comedor nos centros nos que a Xunta non cumpre coa súa competencia legal de prestar o servizo. Asistiron a xefa territorial de Educación, Mariña Gueimunde, representantes das ANPAs dos 10 centros afectados, de FAPACEL, das ANPAs galegas de Santiago e Ferrol, e dos 6 grupos políticos da Corporación municipal.

A xefa territorial de Educación quedou en poñerse en contacto co Concello lucense para convocar unha reunión entre persoal técnico municipal e da Consellería (algo que xa propuxera Manuel Núñez a Gueimunde na reunión que mantiveron) co obxectivo de eliminar os impedimentos existentes para asinar o convenio de colaboración para a xestión dos comedores e para a redacción dos pregos de contratación que garantan a prestación do servizo.

Otros articulos relacionados.....