Información
Lugo

Caravana de vehículos polas rúas de Lugo para esixir a Linorsa que pague os salarios adebedados

Información
02 Abril 2016 9285 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
16-04-01 Caravana Linorsa Lugo5A empresa, que presta servizos de limpeza en diversos centros da Xunta, ten pendente de pagar dúas nóminas e o 50% do soldo de decembro
Traballadoras e traballadores de Linorsa protestaron este venres cunha caravana de vehículos polas rúas de Lugo en demanda do pago inmediato dos salarios que a empresa adebeda e para denunciar, unha vez máis, os reiterados atrasos no cobro das nóminas. Nestes momentos, Linorsa ten pendente de abonar ao seu persoal dúas mensualidades e a metade do salario de decembro.
 

A caravana partiu por volta das 11:30 horas da estación do tren para continuar pola  rúa Nicomedes Pastor Díaz, a Ronda da Muralla, seguir pola rúa Montevideo até a Praza de santo Domingo, e dende alí enfilar a rúa do Teatro para rematar a protesta diante da Residencia das Gándaras (un dos centros da Xunta nos que Linorsa ten a concesión da limpeza).

No medio do camiño, a caravana de vehículos realizou dúas paradas diante do edificio multiusos da Xunta e do Sergas, para esixir a implicación da administración galega nun conflito que se vén prolongando dende hai ano e medio, así como reclamarlle que rescinda os servizos de limpeza que ten adxudicados á Linorsa para evitar que se siga acumulando débeda.

Neste senso, Carme Antas, Secretaria Comarcal da CIG-Servizos, apuntaba que nestes momentos as traballadoras e traballadores de Linorsa na provincia de Lugo teñen pendentes de cobrar o 50% da nómina de decembro e os salarios completos de febreiro e marzo.

Por iso a sindicalista volveu denunciar a pasividade da Xunta e urxiu o goberno galego a actuar dunha vez ante os reiterados incumprimentos da empresa cos seus traballadores/as.

Antas tamén matizou que, aínda que os servizos de limpeza dos xulgados foron adxudicados a Clece, este persoal continúa sen cobrar. “Parece que hai un acordo para que a nova empresa -que entrou hoxe no servizo- se faga cargo das débedas, pero haberá que agardar a ver se isto se cumpre”, indicou. 

En todo caso, á vista da situación actual de impago, Antas xa adiantou que a próxima semana está convocada unha asemblea de traballadoras/as para valorar a posibilidade dunha convocatoria de folga.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...