Información
Localidades de Galicia

O Xulgado acorda o sobresemento do caso sobre a presunta venda ilegal de peixe no porto do Berbés

Información
02 Febrero 2019 94 votos

O Xulgado de Instrución número 4 de Vigo decretou o sobresemento provisional do procedemento no que se investigaba a presunta venda ilegal de peixe no porto do Berbés, en Vigo. O xuíz advirte no auto de que, a pesar do sobresemento, durante a instrución quedou de manifesto que “o cúmulo de irregularidades na xestión das distintas actividades portuarias era notoria e patente, sobre todo polos xefes da policía portuaria”. Por mor da investigación, segundo o maxistrado, “moitos daqueles comportamentos irregulares que se asumían como normais deixaron de producirse, o que sen dúbida beneficia ao conxunto da sociedade e aos propios usuarios das instalacións”.

O Xulgado investigaba a presunta comisión de delitos de suborno e revelación de segredos. O xuíz sinala no auto que no referente aos avisos de inspeccións, aínda que as conversas telefónicas puxeron “en evidencia esas prácticas”, tales feitos “non poden integrar o tipo penal, pois no momento que a inspección entra en dependencias do porto xa deixa de ser secreta”. Sobre os delitos de suborno, o maxistrado indica que non se puido constatar que “se recibise ou pedise algunha dádiva” por eses avisos. Contra a resolución cabe interpoñer recurso de apelación.

Información
Localidades de Galicia

MENOS SAMBA E MÁIS TRABALLAR

Información
01 Febrero 2019 115 votos

Está á volta da esquina, o 26 de maio, estamos chamados a elixir as corporacións dos concellos e tamén os europarlamentarios. Toca unha análise do traballo feito e repasar as promesas cumpridas, este é o tópico de sempre.

         A realidade hoxe é que as máquinas dos partidos están a todo meter, xa se aprecia que non se andan con chiquiñas, mesmo o propio PP ten tensións potentes: Ourense, Viveiro, Ribadeo, Monforte... É tamén a época das enquisas e sondaxes de botar números para as deputacións.

Información
Localidades de Galicia

BASTA XA DE PROPAGANDA ELEITORAL, E PÓÑANSE A TRABALLAR POLO BEN DO NOSO FUTURO

Información
01 Febrero 2019 112 votos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ten unha memoria selectiva, oxalá algunhas puideramos ter a mesma memoria para esquencer certas cousas.

Información
Localidades de Galicia

A Audiencia de Lugo condena a 23 anos de cárcere a un acusado de violar e maltratar a súa muller

Información
01 Febrero 2019 100 votos

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a 23 anos e dez meses de cárcere, así como a dez anos de liberdade vixiada, a un home que violou a súa muller, á que lle esixía cartos para comprar droga e sometía “a continuos episodios de violencia”. O tribunal considerouno autor de delitos de malos tratos habituais, agresión sexual, lesións leves e coaccións. Os xuíces consideran acreditado que o imputado ameazaba a súa muller con facerlle dano ás súas fillas, non deixalas saír e “matalos a todos”. Nunha ocasión agrediu a súa filla maior, á que chegou a arrincar un guecho de pelo, cando trataba de defender á súa nai. O sospeitoso tamén foi penado coa prohibición de comunicarse e aproximarse á vítima durante 26 anos e, ás súas fillas, durante catro e tres anos, respectivamente.

Información
Localidades de Galicia

CxG APOSTA POLO TAXI COMO SERVIZO PÚBLICO INDISPENSABLE PARA GALICIA.

Información
31 Enero 2019 111 votos

CxG A TRAVES DA SUA EURODEPUTADA IZASKUN BILBAO, TRASLADOU UNHA PREGUNTA NA COMISIÓN EUROPEA SOBRE A REGULACIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTES DE PASAXEIROS.

Información
Localidades de Galicia

OS SOCIALISTAS CRITICAN ANTE O CONSELLO DE CONTAS A “OPACIDADE” NA XESTIÓN DA XUNTA

Información
31 Enero 2019 104 votos

Begoña Rodríguez Rumbo acusa ao goberno galego de “incumprir a lei de transparencia” e “entorpecer o traballo dos deputados e o coñecemento da cidadanía”

Información
Localidades de Galicia

CGT denuncia que 600.000 fogares españois seguen sen recibir ingresos malia a recuperación económica?

Información
31 Enero 2019 104 votos

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) manifestou a través dun comunicado, no que analiza os datos da EPA correspondente ao cuarto trimestre de 2018, que a ?recuperación económica?, unha vez máis, recaeu sobre as mesmas de sempre.

Información
Localidades de Galicia

O Xulgado autoriza a entrada en vigor mañá da baixada de tarifas dos autobuses urbanos da Coruña

Información
31 Enero 2019 93 votos

O Xulgado do Contencioso-administrativo número 4 da Coruña denegou á Compañía de Tranvías a medida cautelar que solicitou para suspender a entrada en vigor da redución de tarifas do autobús urbano aprobada polo Goberno local o pasado 28 de decembro. A concesionaria demandou ao xulgado a paralización da baixada de prezos ata que non resolva sobre o recurso que presentou contra os acordos da Xunta de Goberno Local para rebaixar o prezo dos billetes.

Información
Localidades de Galicia

O Colexio de Xornalistas esixe a liberdade inmediata dos xornalistas detidos en Venezuela

Información
31 Enero 2019 103 votos

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia condena enérxicamente a detención en Caracas de tres xornalistas da axencia EFE (Gonzalo Domínguez Loeda, Mauren Barriga Vargas e Leonardo Muñoz) e esixe a súa inmediata posta en liberdade. O Colexio de Xornalistas quere facer extensiva tamén esta petición ao resto de informadores detidos e a calquera outro comunicador que reciba presións por causa da crise en Venezuela.

lineaazul 1600

O secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, compareceu esta mañá...

O Polígono Industrial de Bértoa acolle o domingo 17 de febreiro,...

O Executivo Provincial achega preto de 6.000 euros para promover...

El Instituto Cervantes celebrará el próximo lunes, 18 de febrero...