Información
Localidades de Galicia

"En DIA non sobra ninguén", na Xunta sobra Feijóo expresaron as traballadoras e os traballadores da distribuidora de alimentación

Información
17 Marzo 2019 104 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, participou na protestaTraballadoras e traballadores do Grupo DIA, arroupados por membros de CCOO, manifestaron este mércores en Santiago de Compostela o seu rexeitamento ao «brutal e desproporcionado» ERE que pretende acometer a distribuidora de alimentación. «En DIA non sobra ninguén», clamaron fronte á tenda que a cadea ten no barrio compostelán de Vidán.


O secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, participou na protesta

Este mesmo mércores, o Grupo DIA rexeitou a mediación e negou calquera posibilidade de acordo, o que aboca a unha folga o próximo día 20 de marzo, en horario de 10:00 a 12:00 e de 17:00 a 19:00 en todos os centros de traballo.



Para CCOO, presentar un ERE sen que se coñezan datos «básicos» sobre a empresa, comezando por quen a dirixirá a partir da semana que vén, «non ten sentido». Porén, a distribuidora de alimentación decidiu seguir adiante coas súas intencións, que pasan por eliminar máis de 1500 postos de traballo en toda España.

Actualmente, DIA ten case un milleiro de traballadoras e traballadores en Galicia.

lineaazul 1600

As entradas sairán á venda en próximas datas cun prezo que...

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

lineaazul 1600