Información
Localidades de Galicia

María Pierres advirte que a Xunta “só consegue atender 1 demanda de vivenda de cada 1.600 peticións”

Información
13 Febrero 2019 88 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, María Pierres, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposta socialista para reclamarlle ao goberno galego un Plan de Vivenda dirixido a impulsar a emancipación dos mozos e mozas. Pierres presentou unha proposición non de Lei cunha batería de propostas para impulsar a emancipación xuvenil, logo de constatar que só 1 de cada 10 xóvenes se emancipe antes dos 25 e 2 de cada 10 antes dos 30 –IGE-.

 

A responsable socialista reclamou o apoio do PP e do goberno galego para os milleiros de galegos e galegas que queren abandonar o fogar familiar para facer a súa vida propia pero non poden pola falla de recursos. Hoxe os mozos e mozas, dixo, necesitan dedicar o 85 po cento do seu salario ao aluguer, unha condición inasumible que fai que a idade de emancipación -29,3 anos- sexa a sexta máis alta de Europa –Eurostat-.

Urxiu a encetar un Plan de Emancipación Xuvenil logo de sinalar o “desleixo” e “abandono” do goberno galego a este sector da poboación, que só conta con dúas medidas de impulso dentro do Plan Estatal de Vivenda. Explicou que as axudas para aluguer e compra de vivenda de menores de 35 anos por parte da Xunta de Galicia resultan insuficientes e explican o fracaso desta políticas.

Pierres explicou que o endurecemento das condicións de acceso ás axudas de aluguer, que logo de 6 meses de trámite seguen bloqueadas, provoca que a Consellería só conseguira atender 1 demanda de vivenda de cada 1.600 peticións no último ano. Nos últimos 60 días incorporáronse ao Rexistro de Demandantes de Vivenda algo máis de 400 persoas -1.500 en 9 meses-, o que eleva o total de demandantes ata os 13.369.

No caso das axudas ao alugueiro, que foron solicitadas por preto de 12.000 galegos e galegas adiantou que “preto de dous terzos dos demandantes quedarán fora, o que implica que existen a lo menos 8.000 galegas e galegos con dificultades para acceder ao alugueiro de vivenda”. Advertiu que estes serán descartados “por falla de fondos, non porque non reúnan as condicións para solicitar as subvencións”.

Lamentou tamén o rexeitamento ao decreto do goberno central de medidas para a axuda á vivenda, incluíndo melloras en seguridade e ampliación dos contratos para os inquilinos, así como unha maior protección para os desafiuzados. Considera “unha mágoa” e un “desacerto grande” que os grupos parlamentarios retiraran o seu apoio, “significativamente a de Podemos”, que renunciaron a unha oportunidade para “avanzar en política de vivenda”.

Proposta

A responsable socialista reclamoulle hoxe ao goberno galego unha guía de vivenda e emancipación xuvenil para orientar aos mozos e mozas na súa busca de vivenda, ou a creación dun servizo de emancipación xuvenil dentro do Instituto Galego de Vivenda e Solo. Propuxo a posta en marcha de experiencias de vivendas en alugueiro para mozos e mozas, así como programas de aloxamento temporal de vivendas pública para mozos traballadores e estudantes desprazados.

Os socialistas galegos reclamaron fomentar a convivencia interxeneracional e unha batería de medidas económicas, incluíndo o incremento da dedución autonómica do IRPF de máis do 10 por cento por aluguer. Pierres solicitou equiparar os incentivos aos de outras comunidades, cunha dedución media do 15 por cento, e puxo como exemplo Valencia ou Madrid, co 20 por cento, ou o País Vasco, onde se sitúa no 25 por cento.

lineaazul 1600

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...