Información
Localidades de Galicia

OS SOCIALISTAS ADVIRTEN QUE A FALLA DE ORZAMENTOS ABOCA AO FRACASO ÁS POLÍTICAS DE REVITALIZACIÓN DO RURAL POLO GOBERNO GALEGO

Información
13 Febrero 2019 86 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Raúl Fernández, alertou hoxe que a falla de orzamentos dirixidos ao Medio Rural por parte do goberno galego aboca ao fracaso a que o presidente da Xunta veu en denominar a “Lexislatura do Rural”. O responsable socialista alertou, durante a comparecencia do conselleiro de Medio Rural no Pleno do Parlamento, da “incongruencia palpable” entre as propostas do goberno galego e o “realismo das partidas orzamentarias”.

 

Fernández subliñou o “moderado escepticismo” sobre o éxito das liñas de actuación do goberno galego con relación ao medio rural logo de 10 anos de “esquecemento, pasividade e desamparo”, e nos que o presidente da Xunta só puxo a mirada neste sector “para desmantelar as políticas activas postas en marcha polo goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño”.

O parlamentario socialista advertiu que o incremento do 4,2 dos orzamentos da Consellería para este ano resulta “claramente insuficiente” para paliar unha década de esquecemento e de esmorecemento provocado polo desleixo do goberno galego. A súa “inacción e manifesta pasividade”, dixo, lastran o desenvolvemento do rural e por extensión limitan o crecemento de toda a economía galega.

As consecuencias, dixo, son “menos servizos públicos, menos educación, sanidade ou transporte”, así como menos servizos “tamén privados, con menos oficinas bancarias, farmacias ou establecementos de alimentación” e “menos poboación no seu conxunto”. As graves consecuencias supoñen o freo do relevo xeracional e un entorno no que “avanza a desertización e o abandono de terras e de explotacións”.

Proceso compartido

Raúl Fernández reclamou un “proceso compartido e participativo” para acordar políticas de impulso para o medio rural, e ofreceu o apoio dos socialistas para “dinamizar o entorno, superar as carencias orzamentarias e axilizar o proceso”.

Afeoulle así ao Executivo autonómico que teña excluído ao resto das forzas políticas á hora de modificar a Lei de Defensa contra os Incendios Forestais, a Lei de Mobilidade de Terras, a Lei de Montes ou a Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria, todas elas cambiadas de forma unilateral e sen debate parlamentario a través da Lei de Acompañamento aos Orzamentos.

lineaazul 1600

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...