Información
Localidades de Galicia

XSG: “Feijóo fuxe a manifestarse con Falange para non escoitar a voz uniforme de Galicia a prol dunha sanidade pública de calidade”

Información
09 Febrero 2019 90 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

As XSG confirmaron a súa participación na mobilización de mañá a prol da sanidade pública galega convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública para protestar polos retallos e a privatización que está a levar a cabo o Goberno de Feijóo, afirmando que "é moi preocupante o estado actual da sanidade e o camiño que está trazando a Xunta de Galicia."

As XSG animaron a Feijóo a "que demostre o moderado que di ser e se afaste da deriva fascista do Sr. Casado. Galicia non se merece ter un presidente que dea o seu apoio á extrema dereita, senón que precisa dun presidente que deixe de pasear e se poña a traballar por unha sanidade pública de calidade."

 

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2019

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) participarán mañá domingo día 10 de febreiro na manifestación a prol da sanidade pública galega convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública para protestar polos retallos e a privatización que está a levar a cabo o Goberno de Feijóo.

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, compareceu xunto a secretaria de benestar social das XSG, Paula Castiñeiras, confirmando que "nós si estaremos nesta manifestación na defensa dos dereitos dos galegos e galegas. Outros prefiren ir a Madrid xunto a extrema dereita e os fascistas de FALANGE a berrar o cara o sol en contra do diálogo dun goberno decente que está tentando solucionar un problema que outros se encargan de alimentar."

Pola súa banda, Castiñeira declarou que "é moi preocupante o estado actual da sanidade e o camiño que está trazando a Xunta de Galicia: áreas sanitarias suprimidas, sobrecarga dos servizos, perda de financiamento ou a precariedade laboral son algúns dos moitos problemas para os que se piden unha solución."

Bouza lamentou que o presidente da Xunta "prefira agocharse trala bandeira de España para non afrontar o problemas de Galicia mentres os galegos e galegas están a morrer nos hospitais por culpa da política nefasta do gran patriota Núñez Feijóo. Unha mágoa que para defender os dereitos dos galegos e galegas non adiante tamén as súas viaxes."

Castiñeiras destacou tamén que "a precariedade laboral que existe no sistema sanitario repercute directamente na atención recibida polos pacientes ademais de impedir o asentamento das e dos profesionais. Contratos eventuais encadeados en diferentes centros fan imposible un seguimento real dos pacientes e moi difícil a vida dos profesionais. O último exemplo disto é o novo "contrato estable" que a Administración ofrece aos MIR galegos e que está sendo rexeitado por todos os sindicatos."

"A sanidade pública é un piar fundamental do noso estado e debe defenderse como tal, tanto mirando polo benestar das persoas usuarias como polo benestar dos traballadores e traballadoras. Esa será a bandeira na que nos envolveremos os e as socialistas: a bandeira da sanidade pública e de calidade para todos e todas as galegas." aseverou Castiñeiras.

Os mozos e mozas socialistas afirmaron que "cada ano estamos formando a grandes profesionais que marchan da súa terra, marchando a outras comunidades autónomas ou estados porque as condicións de traballo que se ofrecen aquí non son óptimas para comezar unha vida normal, Galicia está perdendo á súa xente nova e estamos a tempo de remedialo".

Bouza recomendoulle a Feijóo que "pense ben se acude a esa manifestación, xa que cando pasen os anos arrepentirase de ter acudido e negará telo feito, como xa pasou coas manifestación en contra do matrimonio igualitario, en contra do aborto ou a recollida de sinaturas en contra do Estatut catalá."

Os mozos e mozas socialista animaron a Feijóo a "que demostre o moderado que di ser e se afaste da deriva fascista do Sr. Casado. Galicia non se merece ter un presidente que dea o seu apoio á extrema dereita, senón que precisa dun presidente que deixe de pasear e se poña a traballar por unha sanidade pública de calidade."

Dende a Organización concluíron animando "a todos os mozos e mozas galegas a participar nesta mobilización na defensa de todos os nosos dereitos e para demostrarlle a Feijóo que a sociedade galega está na manifestación da dignidade e non na lembranza nostálxica do réxime franquista coma eles."

lineaazul 1600

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...