A representación do persoal pide que se depuren responsabilidades e que se informe con veracidade do acontencido
San Marcos, 7 de febreiro de 2019
O Comité de Empresa da CRTVG denuncia as graves irregularidades cometidas pola
canle pública na cobertura informativa do conflito venezolano, ao enviar un
xornalista sen cumprir previamente coa solicitude de visado de traballo nos
consulados deste país.
O enviado especial, que viaxou a Venezuela a semana pasada, foi retido ao seu
regreso durante cinco horas no aeroporto de Caracas ao detectar as autoridades
venezolanas a súa condición de xornalista e comprobar que non cumprira cos
requisitos legais para desenvolver esta actividade profesional en moitos país do
mundo.
O comité de empresa considera unha irresponsabilidade dos xestores da CRTVG a
decisión de enviar un traballador a un país en conflito sen garantir a súa seguridade
persoal.
A representación legal do persoal da CRTVG solicitoulle hoxe á empresa
explicacións sobre o sucedido e esixiu que se depuren as responsabilidades
correspondentes.
O comité de empresa esíxelle á Directora de Informativos da CRTVG que non oculte
esta grave irresponsabilidade do departamento de produción informando só
parcialmente das circunstancias que motivaron a retención do compañeiro. Segundo o
comité é intolerable que se tersiverxe este feito con intencionalidade política para
informar de xeito interesado sobre a situación que atravesa Venezuela