Información
Localidades de Galicia

Os choqueiros recuperan protagonismo no Entroido do Concello de Vilagarcía

Información
07 Febrero 2019 99 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

05.02.2019.- A medida pretende recuperar o espírito popular e espontáneo da festa máis irreverente e divertida do ano e tamén animar a toda a xente a vivir o Entroido de forma activa, dende dentro e con disfraz, para o cal non é preciso nin gastar moito nin planificalo con demasiado tempo. Como se facía antaño, roupa vella ou calquera cousa que se atopaba na casa son elementos válidos para saír de choqueiro e manter a tradición.

Ademais de apostar por conservar a tradición e a esencia do Entroido galego co accésit para choqueiros, a Concellería de Cultura dá este ano un importante pulo a estas festas incrementando en 2.175 euros a suma total a dedicar aos premios do desfile, e que acada os 6.300 euros.

Bases do concurso de disfraces e carrozas



A Xunta de Goberno Local aprobou onte as bases do Desfile de Disfraces e Carrozas a celebrar o 5 de marzo, martes de Carnaval. Os interesados poderán participar na modalidade infantil (ata 15 anos), de adultos (a partir de 16 anos) ou de grupos. Nas dúas primeiras haberá categoría individual e de parellas, con tres premios en cada unha delas. O importe dos mesmos oscila entre os 50 e os 200 euros. Os premios máis cuantiosos son os da modalidade de grupos, que conta coas categorías de ata 20 e de máis de 20 compoñentes. En cada unha delas entregaranse tres premios de entre 300 e 1.000 euros. A estas engádese o accésit de 1.000 euros para a modalidade de choqueiros, a distribuír entre os participantes, segundo acorde o xurado.
En todos os casos, o xurado avaliará aspectos como a animación, espectacularidade, orixinalidade, espontaneidade, conxunción e animación musical.

As persoas e grupos interesados en participar no Desfile de Disfraces e Carrozas de Vilagarcía poderán inscribirse a partir do venres 8 de febreiro nas dependencias de Cultura, no Auditorio, de luns a venres e en horario de 9 a 13.30 horas. O prazo remata o mesmo 5 de marzo ás 12.00 horas.
Os concursantes deberán cumprir os requisitos especificados nas bases que se poden consultar no taboleiro de anuncios da web municipal ou na Concellería de Cultura. Como en edicións anteriores, prohíbese a participación con animais e os disfraces que leven vehículos ou carrozas deberán adaptarse ás medidas máximas indicadas nas bases e contar con todos os permisos de vehículos e condutores en regra.

lineaazul 1600

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...

El 22 de febrero, Lume de Biqueira, la banda de gaitas...

A Marinha realiza no próximo dia 19 de fevereiro, na Esquadrilha...

O secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, compareceu esta mañá...