Información
Localidades de Galicia

Auditorio Mar de Vigo recibiu a un total de 82.119 usuarios durante 2018

Información
07 Febrero 2019 94 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Biblioteca do Auditorio Mar de Vigo recibiu durante o ano 2018 a un total de 82.119 usuarios. O alcalde, Abel Caballero, informou este mércores de que as instalacións municipais lograron o pasado curso "un nivel excepcionalmente alto" e detallou os datos rexistrados ao longo dos doce meses.

Así, atendendo aos meses, o rexedor vigués indicou que a maior afluencia foi nos meses de maio (12.490 usuarios) e en decembro (10.209), seguidos de xuño (9.026) e novembro (8.333). Por tramos horarios e quendas, durante as mañás pasaron pola biblioteca un total de 32.640 usuarios, polas tarde 48.888 e pola noite 591. En días laborables foron 45.540 e durante as fins de semana e festivos outras 36.447

lineaazul 1600

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...

El 22 de febrero, Lume de Biqueira, la banda de gaitas...

A Marinha realiza no próximo dia 19 de fevereiro, na Esquadrilha...

O secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, compareceu esta mañá...