Información
Localidades de Galicia

216.000 euros en renovar a herba artificial e mellorar o campo de fútbol de Vilaxoán

Información
19 Enero 2019 186 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
O Concello de Vilagarcía xa puxo en marcha o procedemento administrativo que permitirá acometer importantes melloras no campo municipal de fútbol de Vilaxoán. Trátase da substitución da herba artificial, a reconstrución do muro norte e o acondicionamento do cerramento da banda leste. O departamento de Contratación traballa xa nos trámites para licitar no mes de febreiro as obras co obxecto de adxudicalas a principios de primavera. O investimento a realizar ascende a 216.630 euros, que se financian a través do Plan de Obras e Servizos 2018/19 da Deputación.
18.01.2019.- Este proxecto forma parte das actuacións de mantemento e mellora das infraestruturas deportivas municipais que está a levar a cabo o Concello. Tras acometer a reforma dos aseos do público hai algo máis dun ano, o alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Deportes, Argimiro Serén, comprometéranse a continuar investindo en melloras no campo de Vilaxoán, compromiso que se materializará este propio ano.

A primeira das actuacións previstas neste novo proxecto é a substitución da herba artificial, unha necesidade constatada tanto polos usuarios do propio campo como dos técnicos, debido ao deterioro que sufre o actual pavimento estreado en outubro de 2008. Tras dez anos de uso intensivo, o céspede atópase moi compactado, convertendo o terreo de xogo nunha superficie bastante dura, que dificulta a práctica deportiva e que agrava a repercusión das caídas dos xogadores.

Tal como se especifica no proxecto, a nova herba artificial a instalar será de última xeración, de maior calidade, perfectamente adaptada ao uso deportivo e que cumprirá os requisitos de calidade esixidos pola FIFA.

A intervención prevista inclúe os traballos de desmontaxe, retirada e tratamento do actual material e a colocación do novo céspede, dotado de base elástica prefabricada e sobre a cal se botará unha capa superior e recheo técnico de granulado de caucho. Deste xeito, o terreo de xogo cumprirá cos requisitos de calidade e seguridade que o fagan homologable para a práctica deportiva en xeral e do fútbol en particular.

Rematada a substitución da herba sintética, pintaranse as liñas de marcaxe para fútbol 11 e fútbol 7 conforme á regulamentación vixente. Tamén se aproveitarán as obras para levantar, limpar e revisar todas as rexillas de drenaxe perimetral do terreo de xogo.

Aseguramento dos muros

Coa actuación que vai a levar a cabo o Concello resolverase outro problema que presentaba o campo municipal de Vilaxoán: o do muro do fondo norte. Trátase esta dunha estrutura de bloque que presenta signos de inestabilidade. A previsión e construír un novo muro de formigón armado e aceiro de 2,60 metros de alto. A parede irá encofrada polas dúas caras e cimentarase mediante zapata de formigón armado para garantir a súa solidez.

Dada a diferenza de rasante entre ambas caras deste muro, na parte máis alta disporase un sistema de drenaxe para previr escorregamentos de auga cara a parte máis baixa, onde se asenta a nova Escola Infantil de Vilaxoán.
Por último, tamén se acondicionará o cerramento do campo pola banda leste. Sanearanse as fisuras, enfoscarase con morteiro armado e con fibra de vidro e, posteriormente, revestirase con pintura plástica impermeable.

Sen alterar o calendario de competición

Aínda que a previsión é que as obras estean adxudicadas a principios de primavera, previsiblemente os traballos non comezarían ata o verán, unha vez rematada a temporada das competicións oficiais. Deste xeito non se interferirá na actividade dos clubs e equipos que disputan os seus encontros no campo de Vilaxoán. O alcalde e o concelleiro de Deportes teñen previsto reunirse coa directiva do San Martín para concretar as datas, tendo presente que o prazo de execución das obras é de 2 meses.

lineaazul 1600

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...