Información
Localidades de Galicia

O Colexio de Xornalistas expresa a súa preocupación pola situación laboral en La Voz de Galicia

Información
17 Enero 2019 160 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia expresa a súa especial preocupación pola situación laboral que se vive en La Voz de Galicia e transmite a súa solidariedade ao persoal logo de que a empresa presentara o plano de reestruturación que prevé despedimentos e recortes salariais.

 

A finais do pasado ano, La Voz de Galicia presentou un plano de reestruturación que contempla a integración das redaccións de papel e dixital, unha baixada salarial e a saída de 60 empregados mediante baixas incentivadas ou despedimentos. Mentres se producían as conversacións sobre este plano entre a empresa e o comité, a Corporación Voz decidiu despedir a seis persoas das delegacións da Coruña, Santiago de Compostela e Lalín, o que provocou paros o pasado xoves 10 en todas as delegacións de La Voz de Galicia. Ao día seguinte, eran despedidas outras dúas en Lugo e Monforte.

Como xa ten expresado o Colexio de Xornalstas en numerosas ocasións, a precariedade laboral e a redución de persoal nun medio de comunicación redundan claramente nunha perda de calidade da información e nun deterioro do xornalismo que se ofrece á sociedade. No caso da Corporación Voz de Galicia, estas medidas propostas súmanse http://xornalistas.gal/novas-eventos/novas/o-colexio-de-xornalistas-respalda-aos-traballadores-de-la-voz-galicia-ante-as-rebaixas-salariais-que-quere-impor-a-empresa-1/">ás rebaixas salariais e baixas que xa sufriu o persoal nos últimos anos, e a peches de medios do grupo como http://xornalistas.gal/novas-eventos/novas/o-colexio-de-xornalistas-lamenta-o-cesamento-de-emisions-de-v-television/">o de V Televisión.

A crise do xornalismo impreso e o impacto económico da falta de lectores non poden resolverse con menos xornalistas e menos xornalismo. Cómpre facer unha aposta pola calidade fronte a irreflexión e a inmediatez nas que podería derivar unha revolución dixital mal xestionada. E para realizar unha información propia, rigorosa, diferenciada e contextualizada é preciso manter os cadros de persoal e non deteriorar as condicións nas que traballan os profesionais. A práctica contraria, a dos recortes nas redaccións e a replicación de informacións superficiais, aplicada por numerosos medios, tense mostrado incapaz de garantir a pervivencia nin do xornalismo nin dos xornalistas. 

Por todo isto, polo futuro da profesión e para garantir a información necesaria para unha sociedade libre e plural, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia expresa a súa preocupación pola situación actual de La Voz de Galicia e solidarízase co persoal nas súas reivindicacións.

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

lineaazul 1600

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...

El 22 de febrero, Lume de Biqueira, la banda de gaitas...

A Marinha realiza no próximo dia 19 de fevereiro, na Esquadrilha...

O secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, compareceu esta mañá...