Información
Localidades de Galicia

CRITICAMOS A NEGATIVA DO PP A FINANCIAR REFORMAS NO CEIP DA CASTELLANA

Información
18 Diciembre 2018 153 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O pasado mes de novembro, o grupo parlamentario do BNG presentaba as súas emendas parciais aos orzamentos autonómicos elaborados polo goberno Feijoo para o exercicio de 2019. O BNG de Aranga denuncia que os orzamentos aprobados en solitario polo PP non inclúen partidas específicas para o seu concello e lamentan que os opopulares rexeitasen unha serie de propostas de financiamento presentadas polos nacionalistas para realizar para obras e conseguir servizos no seu concello. De entre as emendas, destaca a que reclamaba fondos para a realización de reformas no CEIP da Castellana, que xunto a outras propostas de ámbito comarcal tería redundaría no beneficio da poboación aranguesa.

 

Emendas de ámbito comarcal que afectan a Aranga

Desde o BNG de Aranga poñen en valor a importancia das emendas para o concello de Aranga: “as emendas propostas terían redundado positivamente no noso concello”, afirmou Díaz, “porque foron pensadas para xestionar de maneira pública e centralizada servizos moi necesarios en Aranga, como é un centro de día, un punto limpo ou o centro de transformación agropecuaria no antigo LIGAL”, explicou o responsábel nacionalista.

Ademais, os nacionalistas arangueses denuncian a falta de compromiso dos populares coa mellora do servizo de pediatría do centro de especialidades de Betanzos: “pedíamos un total de 350.000 €, entre outras cousas para ampliar o servizo de pediatría aos centros de saúde de Aranga, na Castellana e en Muniferral, evitando así os desprazamentos até Betanzos”.

En definitiva, un ano máis, o PP fai valer a súa maioría absoluta para rexeitar todas as emendas presentadas polo noso grupo. É lamentable, porque o PP non toma en consideración emendas que mellorarían a vida da xente de Aranga, con máis e mellores servizos”, declarou o responsábel local do BNG.

Outro ano máis, o PP nega os cartos para o CEIP da Castellana

Pero onde o BNG de Aranga pon maior énfase é na emenda que reclamaba fondos para reformas no CEIP da Castellana:

Desde Aranga pedíamos que a Xunta incluíse unha partida específica nos orzamentos para realizar obras de mellora no CEIP da Castellana, pero como ven sendo habitual, a Consellaría negou os cartos de maneira sistemática para reformas nun colexio que xa ten máis de 40 anos”, lamenta Díaz, que lembra que o goberno de Aranga, tamén do PP, non incluíu tampouco “un só euro” no seus orzamentos para este ano.

Cústanos crer que o goberno de Alberto Platas non queira dar máis e mellores servizos á veciñanza. O colexio desde logo é para nós un servizo fundamental e estratéxico se queremos manter poboación. Aínda que a primeira responsabilidade neste caso é da Xunta, desde logo, hai maneiras de poñer cartos por riba da mesa, mesmo sen recorrer ás axudas do POS, como xa temos suxerido no pasado”, declarou Díaz.

Vías para que o Concello acometa as obras no CEIP da Castellana

Os nacionalistas están convencidos de que resulta posíbel acometer obras no colexio e lembran que existen fórmulas legais para actuar:

A maneira máis sinxela de obter fondos para as obras no colexio pasaría por que o Concello aproveitase fondos do capítulo de gastos correntes e os pasase para o capítulo de investimentos”, propoñen os nacionalistas. “A outra maneira implicaría unha modificación no orzamento municipal. O goberno ten maioría absoluta e non pode ter a escusa de que a oposición non quere autorizar un gasto non previsto, máis se é para o colexio”.

O portavoz nacionalista insiste en que é moi urxente acometer obras a curto e medio prazo no CEIP da Castellana, reformas “vitais” para mellorar as prestacións dun servizo básico como é a educación e para frear a caída demográfica en Aranga, algo imparable se continúa esta “inacción exasperante” do goberno local, remata Díaz.

lineaazul 1600


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...