Información
Localidades de Galicia

200.000 euros para mellora das instalacións deportivas de Barbadás

Información
16 Diciembre 2018 163 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Ourense vén de publicar hoxe no seu portal web de contratación o procedemento aberto para a licitación das obras no campo de fútbol de Barbadás, que consistirán na substitución do céspede sintético en ditas instalacións.

"A apertura deste procedemento destaca a cooperación e a aposta da institución provincial, que achega 200.000 euros para a realización deste proxecto a prol da mellora das instalacións deportivas de Barbadás", afirma o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, quen subliña que esta obra "era unha das demandas máis solicitadas pola veciñanza deste concello", lembrando que a Unión Deportiva Barbadás "é unha das escolas de fútbol máis numerosas da provincia, a que máis rapaces move na provincia de Ourense, e que conta tamén con varios equipos nas categorías Sénior".

Pablo Pérez expresa que a cooperación da Deputación de Ourense coa veciñanza e cos concellos "é un dos eixes máis importantes da política da institución provincial, porque o obxectivo é achegar solucións e mellorar os servizos que se prestan á cidadanía". A Deputación de Ourense achega para esta obra un total de 200.000 euros máis o proxecto, mentres que o concello aporta 100.000 euros.

lineaazul 1600


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...