Información
Localidades de Galicia

OS SOCIALISTAS RECLAMAN A SAÍDA DO CONSELLEIRO DE SANIDADE COMO CONSECUENCIA DUNHA “IMPRESCINDIBLE CAMBIO DE POLÍTICA SANITARIA”

Información
12 Diciembre 2018 324 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou hoxe un “cambio na política sanitaria do goberno galego que esixe un cambio de conselleiro”. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces do Parlamento que fixou a orde do día dos dous plenos previstos para a próxima semana –o debate final de Orzamentos e unha sesión plenaria- e nos que o PP rexeitou incluír a comparecencia do responsable de Sanidade.

 

A marcha dos 20 xefes de servizo de Atención Primaria de Vigo, explicou Leiceaga, vén a supor un novo fito na “escalada de tensión crecente” á que o goberno de Feijóo ten sometido á sanidade pública. Advertiu que “cada semana temos noticia dunha nova mobilización na sanidade pública, chámese folga en Urxencias do CHUS, folga nos Puntos de Atención Continuada, as protestas dos pediatras ou, agora, a dimisión dos responsables de área en Vigo”.

Animou por iso ao titular de Sanidade a emprender unha “reflexión persoal pola súa incapacidade manifesta” para afrontar o seu departamento, amosándolle a porta de saída do goberno para facilitar un cambio das prioridades sanitarias. Sinalou que conselleiro está “crispado, sometido a unha gran presión” que non sabe afrontar e que mesmo tivo que “retirar a súa medida estrela, que era a agrupación de pediatras por área”.

Fernández Leiceaga apuntou sen embargo ao presidente da Xunta como “responsable último” de ter convertido a sanidade o pública nunha “ola a presión que foi fervendo pouco a pouco polos recortes e a política de drástica austeridade, e que está a piques de darlle un susto a Feijóo”. Lembra que se trata do terceiro conselleiro que despacha o actual presidente da Xunta e que ten que xestionar a súa política de “tensionamento do sistema”.

Explicou que a raíz do problema sitúase na precarización dos recursos humanos e materiais, co que o sistema ten que afrontar sen recursos adicionais o incremento das necesidades polo avellentamento da poboación. Os salarios están estancados, dixo, e hai menos persoal, máis precario e con máis carga de traballo, co que “é comprensible que digan: ata aquí cheguei”.

Os socialistas galegos centrarán boa parte das súas iniciativas no Pleno na situación da sanidade galega, a través dunha pregunta oral sobre a conflitividade rexistrada na Área Sanitaria de Vigo, e cunha moción para reclamar un catálogo de servizos básicos, a mellora da situación da Pediatría e o reforzo do emprego público.

Mocidade

A situación da mocidade será o segundo gran eixo das iniciativas que levarán os socialistas galegos ao próximo Pleno, e será precisamente o asunto da sesión de control ao presidente da Xunta. O portavoz socialista quere coñecer a resposta do presidente da Xunta ao “plan de choque” de 50 medidas postas sobre a mesa polo goberno de Pedro Sánchez para impulsar o emprego xuvenil e apoiar a un sector da poboación que resulta o “gran perdedor da crise”.

Apunta a falla de resultados das iniciativas do goberno galego para afrontar a desigualdade laboral dos mozos e mozas, e sinalou a proposición non de Lei que levarán os socialistas galegos para reclamar un plan de vivenda pública en alugueiro, que se suma ás iniciativas de reforzo das bolsas universitarias e de mestrado ou de impulso do emprego.

Os socialistas levarán ademais ao próximo pleno do Parlamento unha pregunta sobre a situación do Centro Galego de Bos Aires, dúas interpelacións sobre a profesionalización dos servizos de emerxencias e Protección Civil e o cumprimento da Lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía, e unha proposición non de Lei sobre o acondicionamento dos camiños Primitivo e Francés.

Orzamentos

O próximo martes terá lugar o debate final dos Orzamentos da Xunta, no que o portavoz socialista lamentará a “limitada sensibilidade do PP” á hora de recoller as iniciativas da oposición para incorporalas aos orzamentos do próximo ano. Advertiu neste sentido do contraste entre a proposta de Pedro Sánchez de subir o Salario Mínimo Interprofesional e a “medida estrela” de Feijóo, que pasa por reducirlle o imposto de Patrimonio ás grandes fortunas.

Os socialistas galegos reivindican unha Galicia “máis integrada socialmente e con emprego de máis calidade”, dous retos aos que o goberno galego renuncia nos Orzamentos para o próximo ano, nos que “deixa sen resposta a situación demográfica de Galicia, as necesidades de crecemento económico ou o reforzo dos servizos públicos básicos”.

Transferencia AP-9

Fernández Leiceaga amosou ademais a súa “satisfacción” pola ampla maioría acadada onte na toma en consideración da proposición de Lei do Parlamento de Galicia para reclamar a transferencia da AP-9 a Galicia. Apuntou que “prefiro un Congreso que aposte polo autonomismo intelixente e a cooperación coas comunidades autónomas en lugar do centralismo” a ultranza, e emprazou ao goberno central a traballar en paralelo na redución das peaxes.

lineaazul 1600

As entradas sairán á venda en próximas datas cun prezo que...

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

lineaazul 1600