Información
Localidades de Galicia

A Rede de Colexios de Xornalistas condena a expulsión e exclusión de medios de comunicación por parte de VOX

Información
05 Diciembre 2018 229 votos

A Rede de Colexios de Xornalistas, organización que agrupa as entidades de dereito público encargadas de velar pola profesión, mostra o seu rexeitamento á decisión de VOX de vetar a entrada á súa sede central de campaña das eleccións andaluzas aos equipos informativos de La Sexta e de expulsar un redactor e un cámara do dixital CTXT, a pesar de que estaban acreditados.

 

A Rede de Colexios de Xornalistas lembra a VOX que discriminar a presenza de medios concretos en actos públicos é un ataque á liberdade de prensa, é dicir, non só aos profesionais que teñen dereito a asistir para desenvolver o seu traballo, senon ante todo ao dereito da cidadanía a informarse polo medio de comunicación que considere adecuado, sexa do gusto ou non do protagonista da información.

Dáse a desgrazada circunstancia de que o dobre feito censor se produce ademais caando VOX accede por primeira vez ás institucións, polo que reclamamos aos seus dirixentes que esta actitude fora simplemente un mal primeiro paso e a partir de agora facilite o labor xornalístico de todos os medios de comunicación.

Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas constituíuse o 14 de xuño de 2018 e está formada polos nove colexios profesionais de xornalistas que actualmente existen en España (Andalucía, Asturias, Castela e León, Cataluña, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e o País Vasco).

REDE DE COLEXIOS PROFESIONAIS DE XORNALISTAS

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.">Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
http://www.xornalistas.com/">www.xornalistas.gal
Tel. 981 93 56 70
Fax 981 93 56 69

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!