Información
Localidades de Galicia

O TSXG desestima os recursos contra a ampliación dos pantaláns do Náutico de Sanxenxo

Información
29 Octubre 2018 118 votos

A Sección Segunda da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG inadmitiu os recursos interpostos polo Concello de Sanxenxo e veciños da zona contra a resolución de Portos de Galicia de maio de 2012 que autorizou ao Real Club Náutico a ocupar terreos de dominio público portuarios para a construción e explotación dunhas instalacións náutico-recreativas. O proxecto incluia a creación de dous novos pantaláns para embarcacións, a habilitación de prazas de amarre e a ampliación do pantalán pesqueiro.

 

O alto tribunal galego tamén desestima na sentenza, que foi notificada hoxe, os recursos presentados polo Concello e os veciños contra a aprobación do proxecto de construción da infraestrutura, así como contra a modificación da concesión outorgada ao Náutico en maio de 2012. 

O TSXG argumenta que o proxecto “está situado nunha zona portuaria na que xa había un uso náutico deportivo mediante a existencia de fondeos”. Por tanto, sinala que a concesión para ampliar as instalacións “non se opón ao plan de usos do porto”. A Sala subliña que “da proba practicada nas actuacións” resulta acreditado que toda a obra “se leva a cabo na lámina de auga” e que non se trata “dun novo porto deportivo, senón dun atraque dentro do porto xa existente”.

En canto á existencia de vulneración do trámite ambiental, tal e como alegan as partes, o TSXG considera que non se produciu porque é “unha instalación desmontable, un pantalán flotante suxeito a pilotes fincados na area ao abrigo dunha instalación preexistente que é o espigón do porto”. O alto tribunal, ademais, rexeita que o presidente de Portos de Galicia incorrese en “desviación de poder”, pois sostén que a “intención” perseguida coa concesión é “ordenar os espazos portuarios”, algo que é “de interese xeral”.

Os maxistrados indican que “non se consideran substanciais” as modificacións da concesión, á vez que sinalan que con elas se pretendeu “mellorar a maniobrabilidade e o distanciamento considerable da praia da Panadeira”. O TSXG especifica que “non se consideran modificacións substanciais ao non incrementarse a superficie concesional ou a superficie ou volume construído en máis dun 10%”.

***

El TSXG desestima los recursos contra la ampliación de los pantalanes del Náutico de Sanxenxo

 

29/10/2018.- La Sección Segunda de la Sala de lo Contencioso-administrativo del TSXG ha inadmitido los recursos interpuestos por el Ayuntamiento de Sanxenxo y vecinos de la zona contra la resolución de Portos de Galicia de mayo de 2012 que autorizó al Real Club Náutico a ocupar terrenos de dominio público portuarios para la construcción y explotación de unas instalaciones náutico-recreativas. El proyecto incluía la creación de dos nuevos pantalanes para embarcaciones, la habilitación de plazas de amarre y la ampliación del plantalán pesquero.

El alto tribunal gallego también desestima en la sentencia, que ha sido notificada hoy, los recursos presentados por el Ayuntamiento y los vecinos contra la aprobación del proyecto de construcción de la infraestructura, así como contra la modificación de la concesión otorgada al Náutico en mayo de 2012. 

El TSXG argumenta que el proyecto “se ubica en una zona portuaria en la que ya había un uso náutico deportivo mediante la existencia de fondeos”. La concesión para ampliar las instalaciones, por tanto, “no se opone al plan de usos del puerto”. La Sala subraya que “de la prueba practicada en las actuaciones” resulta acreditado que toda la obra “se lleva a cabo en la lámina de agua” y que no se trata “de un nuevo puerto deportivo, sino de un atraque dentro del puerto ya existente”.

En cuanto a la existencia de vulneración del trámite medioambiental, tal y como alegan las partes, el TSXG considera que no se ha producido porque es “una instalación desmontable, un pantalán flotante sujeto a pilotes hincados en la arena al abrigo de una instalación preexistente que es el espigón del puerto”. El alto tribunal, además, rechaza que el presidente de Portos de Galicia incurriese en “desviación de poder”, pues sostiene que la “intención” perseguida con la concesión es “ordenar los espacios portuarios”, algo que es “de interés general”. 

Los magistrados indican que “no se consideran sustanciales” las modificaciones de la concesión, al tiempo que señalan que con ellas se pretendió “mejorar la maniobrabilidad y el distanciamiento considerable de la playa da Panadeira”. El TSXG especifica que “no se consideran modificaciones sustanciales al no incrementarse la superficie concesional o la superficie o volumen construido en más de un 10%”.



esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi