Información
Localidades de Galicia

O BNG fíxose eco das queixas veciñais pola calidade da auga da traída e pediu prazos para porlle solución

Información
15 Octubre 2018 218 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

“Pensamos que a Xunta debe facer público un cronograma cos prazos máximos para mellorar a acometida da auga e que o goberno local ten que compensar á veciñanza na súa taxa de traída de auga polos continuos episodios de turbidez que impiden utilizar a auga da traída”

“Levamos anos pedindo que se estude a posibilidade de remunicipalizar o servizo da auga, que acumular moitísimas queixas veciñais pola mala calidade do mesmo, e subidas continuas das taxas”

 

Betanzos, 15 de outubro de 2018. O BNG fíxose eco das novas queixas veciñais pola turbidez da auga da traída e esixiu prazos concretos para solucionar estes problemas. “Hai máis de 2 anos que o goberno local anunciou un convenio coa Xunta para mellorar a captación de auga de Betanzos. Este pasado verán a Consellería anunciou que estaba a piques de licitar o proxecto e que as obras comezarían o vindeiro ano. A realidade é que case tres anos despois aínda non vimos ningunha actuación concreta e que a traída de auga, que ademais é un servizo básico que o concello está obrigado a emprestar, é dunha calidade lamentábel no noso concello”, explicou o portavoz nacionalista, Henrique del Río.

Desde o BNG informaron en que os últimos días a auga sae de novo dunha cor marrón que non fai viábel o seu consumo. “A veciñanza leva anos trasladando as súas queixas continuas ao goberno, sen que, polo momento viramos máis que promesas”, criticou del Río. “Pensamos que a Xunta debe facer público un cronograma cos prazos máximos para mellorar a acometida da auga e que o goberno local ten que compensar á veciñanza na súa taxa de traída de auga polos continuos episodios de turbidez que impiden utilizar a auga da traída”, engadiu o portavoz do BNG.

As nacionalistas pediron tamén ao goberno que faga públicas as analíticas sobre a calidade da auga da traída “xa que a cor da auga xera intranquilidade entre a veciñanza sobre a súa calidade”.

O BNG leva desde o 2014 reclamando a xestión pública do servizo da auga

“Levamos anos pedindo que se estude a posibilidade de remunicipalizar o servizo da auga, que acumular moitísimas queixas veciñais pola mala calidade do mesmo, e subidas continuas das taxas”, explicou o portavoz do BNG.

lineaazul 1600


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...