Información
Localidades de Galicia

A USC distinguen un postre de leite con castañas ideado por Pablo Fraga co Premio Innovación Saudable Impulsando Galicia

Información
11 Octubre 2018 105 votos

A primeira edición dos Premios Innovación Saudable Larsa Impulsando Galicia, uns galardóns convocados pola Corporación Alimentaria Peñasanta ( ocultado por ser publicidad encubierta) a través da súa factoría Leite Larsa en colaboración coa USC, distinguiu a proposta presentada polo enxeñeiro agrónomo egresado da EPS de Enxeñaría de Lugo Pablo Fraga, que acudiu a esta convocatoria cun postre lácteo de leite con castañas, un novo produto alimentario desenvolvido co apoio económico e o acompañamento empresarial de Larsa e que que pronto estará accesible no mercado.
 


O xurado encargado de fallar estes premios, que recibiron propostas de toda Galicia, acordaron tras avaliar todos os proxectos en base á súa orixinalidade, viabilidade, grao de innovación e contribución á mellora da saúde dos consumidores, acordou tamén  distinguir outros proxectos de novos alimentos propostos por estudantes e investigadores da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC.
 
Así, os estudantes do grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria na EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC matriculados o pasado curso académico  materia de Industrias Leiteiras Antón Polo Fernández, Brais Pérez Fernández e Roberto López Tojo acadaron o segundo premio neste certame a prol da innovación en alimentación saudable promovido por Leite Larsa cunha proposta de alimento probiótico. Do mesmo xeito, os tamén estudantes do centro universitario lugués Paula Ibáñez Domínguez, Xosé Alfonso Ameixeiras Rodríguez e Víctor Argul Saavedra acadaron dous terceiros premios nesta convocatoria de premios por outras antes suxestións de novos alimentos saudables elaborados con leite.
 
As persoas que resultaron galardoadas neste certame tiveron que superar unha fase inicial á que concorreron todos os proxectos presentados e da que resultaron seleccionadas seis candidaturas, catro da cales xermolaron na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo. Os outros dous proxectos mellor valorados polo xurado corresponden a Iria Pérez Blanco, e ao equipo formado por Sandra Neira Gómez, Ana Luna Vence e Mercedes Luna Vence.
 
O acto de entrega destes premios desenvolveuse este mércores nas instalacións da planta de Larsa en Outeiro de Rei, onde o director xeral de Capsa, Armando Tellado, e o reitor da USC, Antonio López, trasladaron os seus parabéns ás candidaturas distinguidas, ao tempo que expresaron a súa vontade de dar continuidade a unha iniciativa que busca promover a saúde a través da saúde e que contribúe a transferir á sociedade, a través do seu tecido empresarial, o coñecemento da Universidade e o talento dos seus estudantes e investigadores, segundo indicou o reitor Antonio López.
 
A cerimonia de entrega dos Premios Innovación Saudable Larsa Impulsando  Galicia congregou na factoría de Larsa de Outeiro de Rei unha ampla representación de estudantes e docentes da EPS de Enxeñaría de Lugo, entre os que estaban a vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel; a adxunta desta Vicerreitoría da USC para Investigación, Transferencia e Innovación, Elvira López Mosquera, e entre outros, o director da EPS de Enxeñaría, Tomás Cuesta García.

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi