Información
Localidades de Galicia

CCOO denuncia carencias de persoal e descontrol na xestión dos recursos humanos do concello de O Barco

Información
11 Octubre 2018 276 votos

CCOO denuncia o descontrol debido a conxestión que se está a dar na administración do concello de O Barco e o sindicato saca a luz pública o malestar dunha ampla parte dos integrantes do cadro de persoal a causa da excesiva carga de traballo e da desorganización que os empregados públicos municipais están a soportar en distintos departamentos.

 

  • · A sección sindical de CCOO, logo de escoitar tanto a traballadores/as do concello como tamén a moitos cidadáns que se queixan dos retrasos na tramitación de determinada documentación e da retardación de distintos trámites, analizada a situación polo miúdo, chega a conclusión da probable existencia de deixamento do equipo de goberno en materia de xestión de persoal.

Tesouraría, Intervención e Secretaría

CCOO advirte das graves carencias e falta de persoal en departamentos clave da administración do concello como Tesourería e Intervención, ou mesmo en Secretaría, tanto a causa das xubilacións producidas nos últimos meses como pola falta de previsión do equipo de goberno de non cubrir con substitucións tanto as eventualidades sobrevidas (por exemplo as baixas) como tampouco as situacións previsibles e coñecidas de antemán como son as vacacións regulamentarias do persoal coñecidas por estar establecidas de antemán en calendario.

CCOO considera que as graves carencias de persoal detectadas nestas áreas administrativas son consecuencia da inanición dos xestores do concello que non proceden a cobertura nin das vacantes nin das ausencias legais, o cal implica cargas excesivas de encomendas e acumulación de traballo pendente ao resto de empregados activos do concello aos que esta situación estalles provocando sobrecarga laboral, que mesmo obriga a que, nalgúns casos, verse na obriga de ter que retrasar o descanso vacacional legal correspondente ao período de verán pasado.

Parques e Xardíns

CCOO considera censurable tamén a situación do departamento de parques e xardíns no que, dun persoal actual de 5 operarios -tres laborais fixos e dous fixos descontinuos-, tan só están a traballar dous deles (o encargado e un oficial) a causa de  baixas de longas do resto de empregados, e a maiores pola situación de segunda actividade recentemente outorgada a outro.

CCOO denuncia que non se teña en conta a bolsa de emprego pola que podían ser contratadas algún/ha operario/a de apoio e máxime cando as prazas orzadas neste departamento de xardíns segue a ser de un total de 9 empregados, é dicir 4 persoas menos das orzadas.

Censura CCOO tamén que a alcaldía, para sacar adiante o coidado dos xardíns, estase valendo dos operarios forestais que foron contratados por un período de nove meses con subvención da Consellería de Medio Rural para dedicarse en especial a traballos de rozas nas faixas de protección dos pobos do concello. Asemade mediante circular interna da alcaldía veñen de comunicarlles aos empregados dos GES que eles tamén van facer rozas e limpeza que será supervisada polo encargado de xardíns, obrigando para elo a unha modificación unilateral das quendas de traballo e todo elo sen contar nin reunir previamente ao Comité de Empresa do persoal laboral do concello como así dispón o Convenio vixente pese a ser unha modificación de obrigada notificación, consulta e negociación previa coa representación legal dos traballadores.

Lembra CCOO así mesmo que a oferta de emprego publico (OPE), xa aprobada para dous postos de oficial de xardíns e anunciadas as bases en 2017, a día de hoxe aínda non foi publicada a súa convocatoria, o que está a retrasar dun xeito escasamente razoable, e ata sospeitoso, a pretendida boa xestión dos parques, cando, por outra parte, desde a alcaldía estanse contratando encomendas nesta área a través empresas privadas, cando son labores propias dos empregados/as de parques e xardíns do concello.

Obras e Urbanismo

CCOO considera que algo semellante ao que acontece na área de parques e xardíns, está a acontecer no departamento de obras/urbanismo, no que dunha cadro de persoal orzado de 8 traballadores, tan só quedan, entre operarios de obras e electricidade, 4 (un oficial pintor, un peón e dous oficiais electricistas), ao tempo que, o encargado, foi trasladado hai uns meses pola alcaldía de forma máis que cuestionable e a funcións de conserxe a través dunha máis que cuestionable adscrición a un centro de ensinanza.

Explican dende o sindicato que a única diferenza coa situación do persoal de xardíns é que, neste caso, si foron aprobadas as bases e publicada a convocatoria de OPE en 2018 de dúas novas prazas de oficial, que rematado xa o período de solicitudes e estando agora coas probas de oposición e de revisión de méritos, dende CCOO instan a que se axilice este proceso e poda implementarse o cadro de persoal de obras tan necesario para o concello.

Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES)

CCOO sinala por ultimo que no cadro de persoal dos GES hai un traballador de baixa de longa duración que se prevé que persista bastante tempo, o que implica que os operarios deste dispositivo de emerxencias non vaian ás actuacións co número necesario e recomendable para que o operativo poda realizar axeitadamente as súas funcións nas saídas que se producen, non podendo garantir a debida prevención de riscos nin a necesaria dilixencia e operatividade nas súas actuacións con respecto a debida atención que precisan e se deberan prestar aos cidadáns.

CCOO insta, en consecuencia, a alcaldía:

 

1.    Que respecte as súas obrigas legais tanto co persoal como coa representación legal dos mesmos

 

  1. 2. Que aperture a bolsa de emprego de parques e xardíns e posibilite, a través das contratacións temporais que se precisen, garantir un apoio real temporal ás necesidades dos operarios deste servizo en tanto non mude a situación de situación de incapacidade de parte dos seus actuais compoñentes.

 

  1. 3. Que publique a convocatoria da OPE dos dous oficiais de xardíns xa aprobada en 2017 e facilite así a incorporación de máis persoal ao actual cadro tan escaso e insuficiente deste departamento.

 

  1. 4. Que, tendo coñecemento da incorporación dunha auxiliar administrativo a través da bolsa de emprego o cal valoramos positivamente, consideramos insuficiente posto que a falta e necesidade de persoal é moito maior polo que consideramos que dende esa mesma bolsa se contrate por un tempo determinado como mínimo a outro/a auxiliar para desconxestionar a situación de sobrecarga dos empregados da administración xeral.

 

  1. 5. Que aproveite o listado de reserva de persoas que aprobaron as probas de acceso para os postos de GES de 2015 e realice as contratacións precisas para ter o operativo completo para unha maior seguridade de todos.

 

  1. 6. Que lembre o interese xeral que dende a alcaldía debería terse en apoiar a contratación pública e que agora, co “IIº Acordo para a mellora do emprego público e das condicións de traballo dos empregados públicos”, asinado o pasado 9 de marzo de 2018 entre o Goberno central e CCOO xunto con outras Organizacións sindicais, eliminouse a limitación orzamentaria en materia de incremento de persoal, permitíndose agora poder atender unha oferta pública de emprego de ata un 110% sobre a taxa de reposición das vacantes existentes e, máxime cando, este concello, no exercicio anual anterior, cumpriu positivamente co obxectivo de déficit, débeda e regra de gasto.
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi