Información
Localidades de Galicia

O Castro da Saceda ponse guapo para competir por fondos do Ministerio de Cultura

Información
15 Septiembre 2018 288 votos

  Inician os traballos de restauración e musealización que permitirán facer máis accesible e didáctico o monumento.

 

  • · O Castro da Saceda, sito no Concello de Cualedro, é a día de hoxe o único Ben de Interese Cultural destas características de toda a Provincia de Ourense.

 

 

  • · O goberno municipal prepara xa  a documentación para presentar un proxecto de actuación a cargo do 1% Cultural do Ministerio de Cultura.

 

Cualedro / 15-09-2018

Ás numerosas visitas que recibe o único castro declarado Ben de Interese Cultural da Provincia de Ourense, súmanse estes días a de arqueólogos e restauradores. Nas últimas semanas este poboado fortificado da Idade do Ferro declarado BIC por Decreto 58/2011 é motivo de intervención por parte de técnicos especialistas que traballan na musealización do monumento co fin de facelo máis accesible e didáctico.

O Castro da Saceda é coñecido dende hai tempo. Foi precisamente un veciño do noso concello que é unha eminencia na materia, D. Antonio Rodríguez Colmenero, quen o descubriu na década dos 80. Porén o lugar nunca fora musealizado para que calquera visitante descubrira esta verdadeira xoia dunha forma amena e didáctica”, afirma Luciano Rivero Cuquejo (Alcalde do Concello de Cualedro).

                Durante os últimos anos practicáronse varias actuacións menores no conxunto, especialmente orientadas á limpeza e a necesaria escavación arqueolóxica. Nesta ocasión a prioridade é outra maior, preparar o monumento para potenciais visitantes. Actuacións de restauración de cabanas e murallas milenarias, xunto co deseño dun itinerario guiado, acompáñanse da instalación de abundante cartelería informativa e interpretativa.

                Na actualidade desenvólvense os primeiros traballos de escavación arqueolóxica complementaria e restauración. No próximo mes de outubro instalaranse os paneis e antes de que remate o ano o Castro da Saceda presentará o aspecto que merece un dos lugares máis espectaculares de Ourense.

O noso obxectivo é, toda vez rematadas as actuacións previstas para este ano, presentar un proxecto para desenvolver a cargo do 1% Cultural do Ministerio de Fomento. Temos que aproveitar a avantaxe competitiva que nos concede ser o único castro BIC de Ourense. A cargo desa partida pretendemos facer máis actuacións no propio monumento como acondicionar a súa contorna, accesos, etc. “, apunta Luciano Rivero Cuquejo. 

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!