Información
Localidades de Galicia

Ourense queda un pouco máis desamparado coa noticia da resolución xudicial sobre o río Barbaña, que deixa impune un dos maiores delitos ecolóxicos acontecidos na cidade e do que a canle fluvial

Información
14 Septiembre 2018 224 votos

Montserrat Valencia, valorando a sentenza referente ao vertido do Barbaña do ano 2009.

   
    Hoxe Ourense queda un pouco máis desamparado coa noticia da resolución xudicial sobre o río Barbaña, que deixa impune un dos maiores delitos ecolóxicos acontecidos na cidade e do que a canle fluvial, non se recuperou xamáis.



    Agradecemos ás asociacións veciñais que foron quen de personarse para denunciar o caso que, lembremos, afecta a toda a cidadanía ourensá, xa  q o medio ambiente da cidade é unha responsabilidade xeral.

    Ben é certo q as veciñas e veciños non poden loitar sós contra os desatinos das administracións públicas. Cando unha admon como o Concello de Ourense é testemuño e, ao mesmo tempo vítima continuada de vertidos que chegan á cidade, e non fai nada, en realidade está sendo cómplice do delito.

    Discrepamos co resultado xudicial igual que discrepamos coa falta de actuación administrativa. A lei de responsabilidae ambiental é moi clara coa obrigada prevención empresarial e máis tendo en conta que os vertidos ao Barbaña véñense facendo dun xeito continuado anos atrás do delito que hoxe se resolve no xulgado, é dicir, que non era unha situación descoñecida polas administracións.

https://soundcloud.com/ourenseencomun/20180914-sentenza-barbanaESCOITAR AUDIO]           https://api.soundcloud.com/tracks/499747767/download?client_id=Iy5e1Ri4GTNgrafaXe4mLpmJLXbXEfBR [DESCARGAR AUDIO]
    Di esta Lei, que a obriga das empresas é que se fagan cargo da prevención e reparación dos danos ambientais que as súas actividades poidan orixinar, debendo restaurar as alteracións producidas no medio e devolvendo os recursos naturais ao seu estado orixinal. Para garantir o pago, estas deberán contar cunha póliza de seguros ou un aval financeiro que cubra os riscos ambientais da actividade.

    Desde OueC esperamos que o equipo de goberno do PP no concello mova ficha e reciba aos expertos da Universidade de Vigo que confeccionaron un proxecto de recuperación do río que lle foi entregado a José Araújo en xunta de área.



esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi