Información
Localidades de Galicia

Arquivo causa suborno concelleira Coristanco

Información
04 Septiembre 2018 369 votos

O Xulgado de Instancia e Instrución número 2 de Carballo decretou o sobresemento provisional da causa aberta por mor da denuncia presentada por unha concelleira de Terra Galega do Concello de Coristanco, Laura T.C.,  contra o conserxe dun centro escolar ao que acusou de tentala subornar en marzo de 2016 para que apoiase unha moción de censura. A concelleira afirmou que nunha reunión chegoulle a ofrecer 60.000 euros "negociables", ser candidata á Alcaldía nas próximas eleccións, dedicación exclusiva no Concello durante o resto da lexislatura e apoio económico para crear "un despacho de avogados cunha importante carteira de clientes empresarios".

 


O maxistrado indica no auto de arquivo das actuacións que as dilixencias de investigación practicadas "non permiten acreditar indiciariamente a existencia do delito de suborno" pola "falta de seriedade" da proposta. O xuíz argumenta que a "falta de recursos e contactos suficientes" do denunciado para levar a cabo o suborno determinan que "non sexa crible". O auto tamén fai referencia ao "tempo transcorrido" entre que sucederon os feitos, en marzo de 2016, e a interposición da denuncia, en abril de 2017, así como á declaración dunha exconcelleira de Terra Galega -na actualidade non adscrita-, quen "non deu ningunha credibilidade á proposición ofrecida polo investigado".

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!