Información
Localidades de Galicia

Vilagarcía propón un fronte común no Salnés para esixir á Xunta a mellora do transporte interurbano

Información
10 Agosto 2018 492 votos
O Concello de Vilagarcía propuxo á Mancomunidade do Salnés facer un fronte común para demandar á Xunta de Galicia a necesaria mellora do transporte público interurbano. Trátase dunha vella e reiterada demanda non atendida e que é preciso retomar agora que a Xunta de Galicia está empezando a elaborar o Plan de Transportes de Galicia. A iniciativa vilagarciá abordouse na reunión de urxencia celebrada esta mañá en Cambados e na que se acordou solicitar dende o organismo comarcal unha entrevista coa conselleira de Infraestruturas para expoñer a situación e demandar a adopción das medidas precisas para solucionar a problemática que afecta aos nove municipios da comarca.
09.08.2018.- O deficiente sistema de transporte público colectivo existente en toda a comarca do Salnés é un problema que se ven arrastrando dende hai moitos anos e que se agrava a medida que vai pasando o tempo. O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, comentou aos seu homólogos do Salnés un estudio elaborado por Concello de Vilagarcía onde se analiza a situación do transporte colectivo da comarca e no que se evidencia a súa ineficacia tanto por basearse en liñas moi antigas que non se axustan ás características actuais e necesidades das poboacións, como polo reducido das frecuencias dos servizos. Todos os rexedores da comarca coincidiron no lastre que estas deficiencias nas comunicacións e na mobilidade está a ter nos seus respectivos concellos e no conxunto da comarca tanto a nivel da vida cotiá dos seus veciños como no que respecta á dimensión estratéxica do Salnés, xa que o transporte deficiente impide o correcto desenvolvemento da economía.

Esta situación fai que a xente non use o autobús non seus desprazamentos entre as localidades da comarca, optando polo transporte privado que incrementa o tráfico nas principais vías do Salnés. Do mesmo xeito, dado que Vilagarcía conta coa única estación de ferrocarril da zona, ao non contar con frecuencias axeitadas para poder desprazarse ata aquí a coller o tren, os usuarios da comarca veñen no seu coche.

Na reunión da Mancomunidade lembrouse que xa en 2016 se fixeran unha reivindicación neste mesmo sentido sen que, ata o de agora, se teña adoptado ningunha medida por parte da Xunta. De aí que, como primeira medida, os alcaldes da comarca acordaran solicitar esa reunión coa conselleira para que a Xunta garanta a prestación dios servizos suficientes para garantir un transporte público colectivo eficaz para o usuario e que tamén se aumenten as frecuencias.
Ademais, a Mancomunidade apuntou a posibilidade de estudar a viabilidade xurídica de que o organismo comarcal se presente como entre operador de transporte, a efectos de optar ás concesións das liñas de autobús existentes na comarca.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!