Información

O BNG CRITICA O ORZAMENTO "PRIVATIZADOR E CLIENTELAR" QUE QUERE APROBAR O PP DE ARANGA.

Información
09 Agosto 2018 249 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Desde o BNG critican que nun concello como Aranga, cunha poboación menor de 2000 habitantes, o goberno aumente ano tras ano o gasto nos órganos de goberno, rondando xa os 100.000 €.

No BNG son críticos cos orzamentos porque ao seu parecer “están ao servizo dunha política clientelar, da compra de vontades con exemplos claros como a concesión “a dedo” de subvencións nominativas.

 

Aranga, 9 de agosto. O BNG considera os orzamentos, en periodo de información pública, “decepcionantes” por tratarse dun “documento con ingresos e gastos irreais, máis pensado para mercar vontades e preparar a vindeira campaña eleitoral que para mellorar os servizos e a vida da veciñanza”.

No BNG son críticos cos orzamentos porque ao seu parecer “están ao servizo dunha política clientelar, da compra de vontades con exemplos claros como a concesión “a dedo” de subvencións nominativas. “Demostran unha falta total de dirección política no Concello que fai máis incomprensíbel, se cabe, o actual nivel de gasto nos órganos de goberno”, afirma Díaz.

Hai falta de previsión e de proxecto para Aranga. A eficiencia para este goberno está en repartir cartos públicos mediante subvencións nominativas - “caramelos”-, que buscan para vontades antes que levar a cabo proxectos que cambien para ben este concello. Por iso, porque non teñen ideas nin un horizonte para Aranga máis alá do curto prazo, teñen que gastan 2.905€ en publicidade e propaganda e outros 1.500€ en atencións protocolarias.

Uns orzamentos propagandísticos, instrumentos dunha política clientelar

Para Carlos Díaz, responsábel local do BNG, “é habitual que este goberno presente orzamentos inflados, porque así poden prometer un gasto alto, máis aínda nun ano de eleccións. De feito este ano, os ingresos previstos aumentan case un 18%. Pero tanto ten, se logo, ao final do ano, non se verifica o gasto. Con este modo de actuar perdemos todos. Con este goberno, Aranga perde ano tras ano poboación e oportunidades de futuro”, asevera Díaz.

O Bloque entende que non hai un proxecto detrás do documento contable, senón apenas a necesidade de cumprir cunha obriga legal de presentar uns orzamentos. “Non encontramos nos orzamentos fondos para amaños urxentes no CEIP da Castellana, nin vemos que se apoie de ningunha maneira os sectores produtivos. O maior potencial deste Concello, o seu patrimonio natural e histórico, tampouco encontra investimentos nestes orzamentos. A prioridade é conceder subvencións nominativas, asfaltar pistas ou privatizar servizos”, critica Díaz.

Un 16% do gasto, para servizos privatizados.

Para o grupo nacionalista, unha das probas da falta de eficacia do goberno Platas está na gran proporción de servizos privatizados recollida nos orzamentos. Dos 2.320.338,80 € do orzamento, 369.300€ van para servizos privatizados, é dicir, un 16% do total de gasto. “O goberno está a renunciar á xestión pública de servizos básicos como a rede de sumidoiros, a recollida de residuos ou o alumeado”, informa o portavoz nacionalista, para quen boa parte dos ingresos procedentes da Xunta ou da Deputación, fondos públicos, se están a derivar cara a empresas privadas, “que non buscan o ben público, senón o beneficio privado”.

O goberno pretende aprobar os orzamentos sen aprobar previamente a RPT

Ademais, desde o BNG valoran moi negativamente que o goberno local teña a intención de aprobar uns orzamentos cunha liña de gastos antes de aprobar a nova Relación de Postos de Traballo. “O lóxico sería negociar a RPT e despois traer os orzamentos, se é que pretenden un documento con bases na realidade”, declara Díaz. Para os nacionalistas, é evidente que o goberno local non terá maior problema co sindicato maioritario, o CSIF, estará representado polo concelleiro de Independientes por Aranga, Alfonso Espiñeira. “Entendemos que a negociación da RPT será o preámbulo para as negociacións dunha lista unitaria entre PP e Independientes”, avanza Díaz. “O que demostra que para o PP o prioritario é resolver as loitas entre as súas familias, e non traballar polo progreso do noso concello”, lamenta o portavoz do Bloque.

Aumenta outro ano máis o gasto nos órganos de goberno

Desde o BNG critican que nun concello como Aranga, cunha poboación menor de 2.000 habitantes, o goberno aumente ano tras ano o gasto nos órganos de goberno, rondando xa os 100.000 €. No caso do alcalde, Alberto Platas, está a cobrar o máximo permitido para o seu cargo e os concelleiros con dedicación parcial aproveitan que a lei nada indica sobre máximos nos seus salarios. “É evidente que este goberno sae demasiado caro á veciñanza”, declara Díaz.

Para o BNG, en definitiva, “os orzamentos non deberían estar, como agora, ao servizo da política clientelar e da estratexia eleitoral do goberno do PP, senón ao servizo das necesidades da veciñanza de Aranga. Por iso, afirman desde o grupo nacionalista, os orzamentos elaborados polo goberno de Platas non van solucionar ningún dos problemas de Aranga e ademais van contribuír a agrandalos, desviando o diñeiro público a empresas públicas.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi