Información
Localidades de Galicia

MOCIÓN DE APOIO A SITUACIÓN DAS PERCEBEIRAS E DOS TRABALLADORES DO MAR

Información
20 Julio 2018 295 votos

 

O portavoz independente do grupo mixto do concello de Oia, Xoán Lois Vila, demanda a Xunta e Concellos maís apoios para garantir a viabilidade da extracción artesanal do percebe no Baixo Miño.

 

O concelleiro critica o furtivismo sen control, e as deficiencias das depuradoras e as súas consecuencias dos vertidos na costa atlántica do Baixo Miño e a sua contaminación na nosa costa.


Levamos moitos anos reclamando unha solución para o saneamento en Oia, ... nesta ultima lexislatura en todos os plenos, con multiples mocións, presentadas polo Bng, Psoe e Independentes, pero o PP non atopa solucións.

O
concello está desbordado e súa incompetencia polo respecto ao medio ambiente fai que non se tomen medidas na defensa do litoral, da fauna e flora do mesmo e na protección dos postos de traballo que moitos percebeiros e percebeiras teñen a través dos seus permisos de extracción.


As autoridades e administracións non son efectivas contra o furtivismo descontrolado, aplicando medidas que non solucionan os problemas reais dos mariscadores, debido a que a venda ilegal rompe o mercado e da unha pésima imaxe na vila mariñeira da A Guarda e desprestixia os nosos xéneros únicos en galicia, e o traballo dos traballadores e traballadoras do mar, que ao mesmo tempo cumpren a legalidade e pagan taxas por vixianza, agrupacións, confradías, impostos e as súa seguridade social.

Unha actividade económica que se está tornando inviable para os nosos mariscadores nos tempos que corren.

Movemento Oia.

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi