Información

O BNG DE ARANGA SUSPENDE AS CONTAS DO GOBERNO LOCAL

Información
16 Julio 2018 134 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Con 1.133.690,60€ no banco, é lexítimo preguntarse a quen beneficia semellante capacidade de aforro.”

O gasto nos órganos de goberno aumentou este último ano un 19,9%”

Tres de cada cinco contratos son de adxudicación directa, sen competencia”.

 

As prioridades debían ser ben outras: menos diñeiro para o banco, menos nos órgaos de goberno e reducir os contratos a dedo, destinando máis a servizos e fomento da actividade económica no Concello

Aranga, 16 de xullo.- A formación nacionalista fixo hoxe públicas as súas valoracións sobre a Conta Xeral de Aranga do ano 2017, actualmente en prazo de exposición pública. Para o BNG, as contas do Concello de Aranga retratan un goberno “sen previsión nin programación económica nin proxecto para o noso Concello”.

Para o Bloque as contas presentadas son “irreais, cun gasto previsto orzamentado que non se fixo efectivo en 2017 e está por ver se o fará no que queda de 2018. Unha vez máis, as cifras demostran que este goberno elabora orzamentos para vender fume e que o gasto se substancia despois de maneira ben diferente.

Máis dun millón de euros ao lixo

O Concello de Aranga dispón de tres contas de aforro, que sumaban a finais de 2017 un total de 1.133.690,60€ no banco.

A veciñanza preguntarase loxicamente a quen beneficia semellante capacidade de aforro e preguntarase tamén para que se recada se se dispón dun orzamento de pouco máis de 8 millóns de euros e queda tanto por facer, tanto por gastar”, interrogábase o portavoz do BNG, Carlos Díaz,

Desde o grupo nacionalista critícase o que se considera “obsesión polo aforro” do goberno local e recorda que se se aforra é basicamente porque o goberno local non executa as partidas de gastos previstas nos seus orzamentos. Para o BNG, a Conta Xeral é “unha foto da mala xestión do goberno local do PP. Ter no banco semellante cantidade de cartos é inútil, é perder un potencial enorme. Non entendemos como se bota ao lixo máis dun millón de euros”, declara Díaz.

Segue a crecer o custo dos órganos de goberno

Os órganos de goberno supuxeron en 2017 un total de 113.391,66€, cunha dedicación exclusiva (alcaldía) e dúas parciais (tenente de alcalde e concellaría de obras). A respecto de 2016, o gasto nos órganos de goberno aumenta. Así, sen ter en conta as cotizacións á Seguridade Social, se en 2016 o custo do equipo de goberno era 79.030,63€, en 2017 pasa a ser 98.408,34€. Os nacionalistas fan fincapé en que o gasto nos órganos de goberno aumentou este último ano un 19,9%.

Ningún contrato concedido en procedemento aberto

De todos os contratos, constata o Bloque, non hai ningún en procedemento aberto nin en procedemento restrinxido. Todos son contratos negociados e deles hai 150.666,86€ negociados sen publicidade e relativos a “Obras, subministros e servizos”.

Pero o máis significativo, a xuizo do BNG, é que os contratos de adxudicación directa supoñen 952.858,02€, un 59,21% do total adxudicado (1.609.240,61€): “dito doutro xeito 3 de cada 5 contratos son de adxudicación directa, sen competencia, e 425.731,65€ son de contratos “opacos”, é dicir, recollidos na categoría de “Otros”. Non hai maneira de saber que se contrata e con quen. Estamos a falar, en definitiva, de contratos “a dedo”, ideais para tirar un rédito electoral, e desde logo non para beneficiar o conxunto da veciñanza, denuncia o responsábel nacionalista.

Unha xestión das subvencións moi mellorábel

Desde o BNG lamentan que “outro ano máis” o Concello demostre ineficiencia e falta de axilidade para xestionar os cartos procedentes de convenios coa Deputación da Coruña ou coa Xunta. Concretamente, o BNG fala de 143.800,52€ (67.967,18€ procedentes da Xunta e outros 75.833,34€ procedentes da Deputación), que non se fixeron efectivos en 2017 porque non se formalizaron contratos.

Non podemos deixar de criticar que queden sen contratar en 2017 a cantidade de 156.205,12€ do POS. Sen executar tamén están 2.030,17€ do programa para impulsar a formación xuvenil e outros 20.747,34€ do programa Aprol Rural para o fomento do emprego no rural procedentes da Xunta.

Temos acceso a financiamento para o fomento de emprego da mocidade, por exemplo, pero perdémolo por falta de ideas”, denuncia Díaz.

É incríbel a falta de visión deste goberno local. Este diñeiro podía ter financiado obras e servizos xa en 2017. Non pode ser que entre solicitar investimento, levar a cabo a obra e xustificala, se tarde tanto tempo. Sorprende a falta de interese e de traballo que demostra este goberno”, afirma o portavoz nacionalista.

Un goberno-xestoría sen proxecto político

Desde o BNG consideran que a Conta Xeral deste ano demostra que Aranga carece dun goberno e incide na idea de “goberno-xestoría”, do que xa teñen falado os nacionalistas.

O que se espera dun bo goberno é que programe a medio prazo, que teña ideas e proxecto, un horizonte concreto, e non que improvise. Pola contra, o que temos en Aranga é un goberno-xestoría, que mete as cousas no orzamento a salto de mata, sen previsión nin programación”.

Aranga está a perder arreo poboación: mentres, o goberno teima en aforrar, ano tras ano. Estamos a perder un financiamento vital para o futuro do municipio. O que si aumenta, curiosamente, é o gasto dos órganos de goberno, que superan xa os 100.000€ nun concello con menos de 2000 habitantes. En definitiva, entendemos que as prioridades debían ser ben outras: ter menos diñeiro para o banco, gastar menos nos orgaos de goberno ou reducir os contratos a dedo, destinando máis aos servizos e fomentando a actividade económica no Concello, posto que para iso pagamos impostos”, remata Díaz.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi