Información
Localidades de Galicia

O Parlamento Europeo insta a realización dunha investigación da vulneración xeralizada da normativa europea nas Minas de San Finx

Información
11 Julio 2018 973 Votos

Apréciase que o actual proxecto de explotación, aprobado en 2009, debíase ter sometido aos trámites de avaliación ambiental e participación pública

-       O abandono de dúas presas de residuos mineiros e os altos niveis de metais pesados nas augas, a apenas 7 km dos bancos de marisqueo da Ría, xera máxima preocupación

 

Bruxelas/Lousame, 11 de xullo de 2018. Na tarde de hoxe a Comisión de Peticións do Parlamento Europeu avaliou novamente a queixa formulada en xaneiro de 2017 pola Asociación Petón do Lobo, integrada nas plataformas “ContraMINAcción” e “Vida e Ría ou Minaría”, por vulneración de diversas directivas europeas na explotación mineira de volframio e estaño de San Finx, en Lousame (A Coruña). Concretamente, a queixa detallaba a omisión do procedemento de avaliación de impacto ambiental do proxecto mineiro en 2009, o abandono de dúas presas de residuos mineros en pleno cauce fluvial, a potencial afectación á actividade marisqueira e á saúde pública e a contaminación das augas con metais pesados, superándose no río, que desemboca 7 km augas abaixo na ría de Noia, varias veces os limites máximos permitidos para cadmio, cobre e cinc.

O Parlamento xa admitira a trámite a petición en maio de 2017, requeríndolle á Comisión Europea a realización dunha investigación preliminar. Na sesión de hoxe, despois da intervención do peticionario, representado polo mariscador José Romarís, e das deputadas e deputados de diversos grupos, a Comisión de Peticións apreciou a existencia de de fundamentos que apuntan para unha vulneración sistemática e xeneralizada da normativa europea, non só no caso da mina de San Finx, pero tamén noutras da provincia da Coruña, como as de Touro, Santa Comba ou Monte Neme. Por iso, acordou requerir á Comisión Europea o inicio dun proceso completo de auditoría unha vez que as presuntas vulneracións afectan a un amplo conxunto de sectores normativos.

Duras críticas dos grupos parlamentarios europeos

Despois da intervención de José Romarís, que recalcou que “non queremos que a nosa ría sexa o próximo Aznalcóllar ou Baia Mare”, unha vez que “o noso modo de vida, o noso futuro e o das próximas xeracións dependen diso”, e do representante da Comisión Europea, Daniel Fernández Gómez, que insistiu en remitir o asunto aos tribunais, chegou a quenda das e dos europarmentarios, de distintos países e cores políticas. Tanto as deputadas Ana Miranda (BNG), Ángela Vallina (IU), Maite Pagazaurtundúa Ruiz​ (UPyD), Lidia Senra (AGE), António Marinho e Pinto (Partido Democrático, de Portugal) e Judith Kirton-Darling (Partido Laborista, do Reino Unido) instaron á Comisión a realizar unha auditoría exhaustiva da situación do Grupo Mineiro San Finx.

Apenas o eurodeputado galego Francisco Millán Mon, do Partido Popular, pretendeu excusar a actuación da Xunta insinuando que a empresa concesionaria disporía de carta branca para contaminar a perpetuidade con total impunidade, coa falaz excusa de que a normativa non é de aplicación retroactiva, mesmo que o proxecto aprobado foino en 2009, coas directivas actuais en vigor. Isto valeulle a reprobación da eurodeputada laborista británica Judith Kirton. A pesar desta intervención, a maioría parlamentaria, incluíndo o Partido Popular Europeo, decidiu manter aberta a petición, enviar unha carta ás autoridades galegas trasladando a inquietude do Parlamento e requerir novamente á Comisión Europea para que abra unha investigación exhaustiva sobre a situación.

Informe demoledor

Previamente á sesión, a Asociación Petón do Lobo e os colectivos implicados en ContraMINAcción e Vida e Ría facilitaron ao Secretariado da Comisión un informe con documentación adicional, no que se detallan os antecedentes do Grupo Mineiro San Finx e cada unha das vulneracións apreciadas. Entre estas, destacan a vulneración da Directiva Marco da Auga, que establece os límites máximos de certas substancias perigosas e perigosas prioritarias nos ríos europeos, tendo permitido a Xunta desde o ano 1991 (no que xa existían analíticas detalladas) ata a actualidade a inxección ao río de millóns de metros cúbicos de augas contaminadas cada ano.  A ocultación destas emisións, que non foron comunicadas pola Xunta ao Rexistro de Emisións Contaminantes, supón un agravante adicional. Igualmente problemática é a vulneración das directivas europeas sobre avaliación de impactos ambientais e de participación pública no ámbito do medio ambiente, quedou en evidencia cando a propia Xunta ignorou en 2009 unha resolución firme da propia administración na que se establecía a obriga de someter o proxecto ao trámite ambiental conforme marca a normativa europea.

A falta desde procedemento, que tería feito con que os distintos órganos sectoriais informaran o proxecto actual, que tampouco se fixo público, impedindo as alegacións dos interesados, facilitou que se excluísen do mesmo a obriga de restauración de dúas presas de residuos mineiros que constaban nos plans anuais de labores da mina, aprobados pola administración, ata que estes se deixaron de presentar en 2000 abandonándose a mina.  Un informe da propia Xunta de 2017 indicaba que a máis grande das presas, que protagonizara o tráxico incidente da “catástrofe de 1960”, ano no que rebentaron as súas comportas inundando toda a veiga augas abaixo, “encóntrase prácticamente colmatado, e ao estar situado augas abaixo e ter unha maior altura, o arrastre dos materiais podería producir un importante impacto ambiental coa eventual rotura da presa”. Tanto este feito como o estado das escombreiras tamén unha vulneración das normas europeas sobre xestión de residuos mineiros, aprobadas precisamente para evitar desastres como os de Aznalcóllar.

A voz no Parlamento: José Manuel Romarís, mariscador na ría de Noia

A Asociación Petón do Lobo estivo representada no Parlamento Europeo por José Manuel Romarís, mariscador na ría de Noia, onde é socio da Cofradía de Pescadores “San Bartolomé” de Noia así como da Plataforma en Defensa da Ría de Muros-Noia (Plademar), da que é Secretario. Ven participando desde os seus inicidos en “Vida e Ría ou Minaría”, campaña de sensibilización sobre a contaminación da ría desde as minas de San Finx. É ademáis filólogo e traductor e particpou activamente en Democracia Real Ya e na Acampada de Barcelona no contexto no movemento 15-M.

---------- FIN DA NOTA DE PRENSA ---------

Materiais adicionais

-       Informe para la Comisión de Peticiones del Parlamento Europeo en relación a la investigación sobre la situación en la mina de San Finx

http://www.vidaeria.org/wp-content/uploads/2018/07/informe_san-finx_ESP.pdf">http://www.vidaeria.org/wp-content/uploads/2018/07/informe_san-finx_ESP.pdf

-       Intervención oral de José Romarís ante o Parlamento Europeo

http://www.vidaeria.org/wp-content/uploads/2018/07/intervencion_oral.pdf">http://www.vidaeria.org/wp-content/uploads/2018/07/intervencion_oral.pdf

-       Fotografías de José Romarís e presa de residuos mineiros de San Finx:

http://www.vidaeria.org/wp-content/uploads/2018/07/jose_romaris_foto_de_Pedro_Losada.jpg">http://www.vidaeria.org/wp-content/uploads/2018/07/jose_romaris_foto_de_Pedro_Losada.jpg

http://www.vidaeria.org/wp-content/uploads/2017/07/presa-maior-san-finx.jpg">http://www.vidaeria.org/wp-content/uploads/2017/07/presa-maior-san-finx.jpg

http://www.vidaeria.org/wp-content/uploads/2017/04/rio_san_fins.jpg">http://www.vidaeria.org/wp-content/uploads/2017/04/rio_san_fins.jpg

-       Ligazón ao vídeo da sesión:

http://www.europarl.europa.eu/ep-live/es/committees/video?event=20180711-1430-COMMITTEE-PETI">http://www.europarl.europa.eu/ep-live/es/committees/video?event=20180711-1430-COMMITTEE-PETI

Contactos

-       José Manuel Romarís. representante ante o Parlamento Europeo. Telf. 717718781, email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.">Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

-       Ana Varela, representante da Asociación Ambiental Petón do Lobo. Telf. 647857303, email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.">Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.


--
Recebeu esta mensagem porque subscreveu ao grupo "Vida e Ria" do Grupos do Google.
Para anular a subscrição deste grupo e parar de receber emails do mesmo, envie um email para Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.">Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
Para publicar uma mensagem neste grupo, envie um email para Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.">Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
Para ver este debate na Web, visite https://groups.google.com/d/msgid/vidaeria/CADErTkCMnKpO8UoYfRV%2BHfzupdh1BYuB71hTtEKK2K_YQqJNpA%40mail.gmail.com?utm_medium=email&utm_source=footer">https://groups.google.com/d/msgid/vidaeria/CADErTkCMnKpO8UoYfRV%2BHfzupdh1BYuB71hTtEKK2K_YQqJNpA%40mail.gmail.com.
Para mais opções, visite https://groups.google.com/d/optout">https://groups.google.com/d/optout.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi